DENOMINACIÓN “SEGURO DE COBERTURA DE RISCOS DA FROTA DE AUTOMÓBILES MUNICIPAL”
PRESUPOSTO DO SERVIZO: 14.370 euros anuais.
Esta Alcaldía, en uso das facultades atribuídas, ten a ben
RESOLVER:
Inicia-lo expediente de contratación do servizo referenciado e que pola Intervención se certifique a existencia de crédito en cumprimento do disposto polo artigo 109.3 do TRLCSP.
É obxecto do presente contrato a contratación dun seguro que cubra os riscos derivados da flota de automóbiles.
Mediante o contrato de seguro, o asegurador obrígase, polo cobramento dunha prima e para o caso de que se produza o evento cuxo risco é obxecto de cobertura, a indemnizar, dentro dos límites pactados, o dano producido ao asegurado ou a satisfacer un capital, unha renda ou outras prestacións convidas.
A póliza deberá garantir ao concello a cobertura dos riscos e continxencias derivadas de:
Seguro da flota de automóbiles propiedade do concello.
O asegurador comprometerase, dentro dos límites da lei e do contrato, a cubrir os seguintes riscos:
— Responsabilidade civil obrigatoria derivada dos danos e perdas ocasionados a un terceiro polo coche asegurado.
— Asistencia en viaxe.
— Seguro sobre o condutor, para o caso de morte ou accidente.
— Gastos ocasionados pola defensa xurídica do asegurado en calquera procedemento xudicial ou arbitral derivado dun accidente de circulación co vehículo asegurado.