Protección Civil de Cambados en colaboración co Concello e dentro da campaña #quedanacasa, puxo en marcha un servizo de axuda para facer a compra durante o estado de urxencia sanitaria provocado polo COVID-19
O servizo está destinado ás persoas maiores de 65 anos ou con mobilidade reducida do municipio que vivan soas.
O Concello de Cambados segue a adoptar medidas con motivo da crise ocasionada pola expansión do virus Covid-19, seguindo as instrucións ditadas polo Goberno central e pola Xunta. Trátanse dunha serie de disposicións que afectan a todos os ámbitos municipais e que buscan axudar as persoas maiores e con mobilidade reducida que vivan soas.
Desde hoxe, os voluntarios de Protección Civil de Cambados, en colaboración co Concello de Cambados e dentro da campaña #quedanacasa, puxo en marcha un servizo de axuda para facer a compra durante o estado de urxencia sanitaria provocado polo COVID-19.
O servizo está destinado ás persoas maiores de 65 anos ou con mobilidade reducida do municipio que vivan soas. Desta maneira, con esta iniciativa, voluntarios de Protección Civil do municipio póñense á súa disposición cun servizo de entrega domicilio que se prolongará ata que o Goberno decrete o fin do estado de alarma polo coronavirus. As persoas que necesiten deste servizo deben chamar aos teléfonos 986 524950 ou ben ao 603 739419. O horario do servizo será de 09.00 a 20.00 horas.
Con esta medida adaptamos un servizo nunha situación diferente e excepcional, dende o Concello de Cambados temos coñecemento que algúns maiores prefiren que a axuda a domicilio en labores domésticos non se efectúe como medida de prevención, e, á vez, nace a necesidade de axudar aos maiores, para que non saian de casa, con recados como compra de alimentación, recollida de medicación pautados na receita electrónica polo que decidimos adaptar o servizo e de inmediato poñelo en marcha.