PROGRAMACIÓN PARA O DÍA DO LIBRO INFANTIL E O DÍA DO AUTISMO

A Biblioteca Municipal Luís Rei está a preparar unha ampla programación para celebrar de maneira conxunta o Día do Libro Infantil e o Día do Autismo.

Como vén sendo habitual nos últimos anos, na organización destas actividades colabórase con asociacións como Por Dereito e Bata, ás que se lles remitiu convite xunto coa Anpa Os Mecos, para participar nunhas sesións de animación á lectura baseadas na creatividade e sobre todo na inclusión, tentando dar visibilidade a través dos contos a persoas que traballan a reo pola integración.

Os actos iniciaranse o venres 1 de abril coa colocación pola vila de centos de globos azuis e coa iluminación na mesma cor do monumento da Naiciña de Asorey uníndonos ao movemento mundial Light it up blue! promovido pola comunidade Autism Speaks co que monumentos destacados de todo o mundo tínxense de azul apoiando a inclusión de persoas autismo.

Pola tarde ás 18.00 h. Na Biblioteca Luís Rei haberá lectura de manifesto a prol da lectura infantil feita por rapaces e rapazas socios da biblioteca, que é o mesmo que se lerán en todas as bibliotecas adheridas á OEPLI (Organización Española Para El Libro Infantil y Juvenil) e Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil).  A  continuación, Barafunda e o seu espectáculo “Pepiña Maruxiña quere voar!”. Narra a historia de superación dunha xoaniña que a través da súa constancia e tenacidade, consegue esas ás que precisa para poder voar.

Do luns 4 ao venres 8  de abril estendemos dita celebración tamén ás axencias de lectura e cada día ás 18.00 horas contaremos con Pablísimo e o seu espectáculo “Mans”, un orixinal espectáculo onde as mans non pararán de falar: o 4 estará na Biblioteca Municipal, o 5 na Casa da Cultura de Castrelo, o 6 na Casa da Cultura de Corvillón, o 7 na Casa de Cultura de Vilariño e o 8 rematará o seu periplo no Centro Gumersindo Márquez de Oubiña.

Todas estas actividades son de balde, ata completar aforamento grazas ao Programa da Xunta de Galicia Ler Conta Moito. Dende a Concellería de Cultura Víctor Caamaño anima a todos os veciños a sumarse a estas iniciativas.A Biblioteca Municipal Luís Rei está a preparar unha ampla programación para celebrar de maneira conxunta o Día do Libro Infantil e o Día do Autismo.

Como vén sendo habitual nos últimos anos, na organización destas actividades colabórase con asociacións como Por Dereito e Bata, ás que se lles remitiu convite xunto coa Anpa Os Mecos, para participar nunhas sesións de animación á lectura baseadas na creatividade e sobre todo na inclusión, tentando dar visibilidade a través dos contos a persoas que traballan a reo pola integración.

Os actos iniciaranse o venres 1 de abril coa colocación pola vila de centos de globos azuis e coa iluminación na mesma cor do monumento da Naiciña de Asorey uníndonos ao movemento mundial Light it up blue! promovido pola comunidade Autism Speaks co que monumentos destacados de todo o mundo tínxense de azul apoiando a inclusión de persoas autismo.

Pola tarde ás 18.00 h. Na Biblioteca Luís Rei haberá lectura de manifesto a prol da lectura infantil feita por rapaces e rapazas socios da biblioteca, que é o mesmo que se lerán en todas as bibliotecas adheridas á OEPLI (Organización Española Para El Libro Infantil y Juvenil) e Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil).  A  continuación, Barafunda e o seu espectáculo “Pepiña Maruxiña quere voar!”. Narra a historia de superación dunha xoaniña que a través da súa constancia e tenacidade, consegue esas ás que precisa para poder voar.

Do luns 4 ao venres 8  de abril estendemos dita celebración tamén ás axencias de lectura e cada día ás 18.00 horas contaremos con Pablísimo e o seu espectáculo “Mans”, un orixinal espectáculo onde as mans non pararán de falar: o 4 estará na Biblioteca Municipal, o 5 na Casa da Cultura de Castrelo, o 6 na Casa da Cultura de Corvillón, o 7 na Casa de Cultura de Vilariño e o 8 rematará o seu periplo no Centro Gumersindo Márquez de Oubiña.

Todas estas actividades son de balde, ata completar aforamento grazas ao Programa da Xunta de Galicia Ler Conta Moito. Dende a Concellería de Cultura Víctor Caamaño anima a todos os veciños a sumarse a estas iniciativas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.