PROGRAMACIÓN DE ENTROIDO 2016

PROGRAMACIÓN DE ENTROIDO 2016

5 DE FEBREIRO: VENRES DE ENTROIDO – UNHA CHEA DE ENTROIDOS

21.00 h. Na Praza de Alfredo Brañas “Unha Chea de Entroidos” organizado por Unha Grande Chea coas actuacións de Noite Fechada, Leda Atómica, Take It Easy, Dúas Grandes Recheas, Nin Os Cans, Cabanillas, ModelFucker, Olodum do Coio, Xironsa e Unha Grande Chea. No acto colaborarase en beneficio da AME.

 

6 DE FEBREIRO: SÁBADO DE ENTROIDO

A partir das 13.00 h. e ata o Domingo de Piñata primeiras xornadas dos “Petiscos de Entroido” en colaboración con hostaleiros e restauradores adheridos a Zona Centro. Cada un dos participantes elaborará un petisco cos produtos típicos destas datas. Máis info na web www.cambadoszonacentro.com

A partir das 17.00 h no Parque de Torrado animación infantil, inchables, obradoiros e globoflexia da man da Illa dos Nenos.

* En caso de choiva trasladarase ao recinto do Salón de Congresos e Exposicións J. Peña.

 

7 DE FEBREIRO: DOMINGO DE ENTROIDO – DESFILE DE CARROZAS

16.00 h. Na Escalinata de San Tomé recepción das carrozas e maquetas inscritas que participen no desfile.

17.00 h. Comezo do desfile das carrozas acompañadas da música da Charanga Os Jaláticos e o Grupo de Batucada Olodum do Coio polas seguintes rúas: Escalinata de San Tomé – Avda. de Galicia – Praza do Concello – Avda. de Madrid – Praza de Fefiñáns – Avda. da Coruña – Paseo da Calzada – Praza do Concello. O desfile será retransmitido pola humorista da TVG Isabel Risco que estará acompañada polo DJ Studio 21.

18.30 h. Entrega de diplomas dos premios do concurso de 300€ á 3ª clasificada, 400€ á 2ª clasificada e 500€ á 1ª clasificada. Ademais, farase constar a gratificación de 200€ ás carrozas e de 100€ ás maquetas pola súa participación. (Para máis información consultar bases)
* En caso de choiva o desfile farase o martes 9 ou como data final o 13 de febreiro.

 

8 DE FEBREIRO: LUNS DE ENTROIDO – BAILE INFANTIL E CONCURSO DE FILLOAS

17.00 h. No Salón de Congresos e Exposicións J.Peña, Baile de Entroido Infantil con animación a cargo de Nueva Era e premios para os mellores disfraces individuais de 50€, parella 100€, e grupo de 150€ cambiables en establecementos comerciais de Cambados. Organizan, xunto co Concello, a Confraría de Pescadores San Antonio e Zona Centro.

17.30 h. Concurso de Filloas na Sala de Degustacións do Salón de Congresos e Exposicións J. Peña con premios de 100€ ás máis saborosas e 100€ ao maior número de filloas feitas en 30 minutos. O resto dos participantes recibirán unha gratificación de 50€ por participar. (Para máis información consultar bases)

 

9 DE FEBREIRO: MARTES DE ENTROIDO – GRAN CONCURSO DE DISFRACES XUVENÍS E ADULTOS E CONCURSO DE COMPARSAS

17.00 h. Na Praza de Alfredo Brañas Concurso de Disfraces nas categorías de xuvenil e adulto presentado pola humorista da TVG Isabel Risco con premios en vales de compra dos establecementos comerciais de Cambados ao mellor disfrace individual de 100€, parella 150€ e grupo 200€. (Para máis información consultar bases)

18.30 h. Concurso de Comparsas con premios para as tres primeiras clasificadas de 100€, 200€ e 300€ respectivamente. Para o resto de participantes non premiados: gratificación de 100 €, sempre e cando o sábado 6 de febreiro se comprometan a facer unha ruta dando a coñecer a súa comparsa e as súas letras polos establecementos de Zona Centro que colaboran coas primeiras xornadas “Petiscos de Entroido” (ver programa na web www.cambadoszonacentro.com) (Para máis información consultar bases).
* En caso de choiva os concursos trasladaranse ao Salón de Congresos e Exposicións J. Peña.

 

10 DE FEBREIRO: MÉRCORES DE ENTROIDO – ENTERRO DA SARDIÑA

19:00 h. “Para salvar as nosas almas logo dos excesos propios do Entroido, terá lugar na Praza do Concello a homilía guiada polo PREDICADOR e o coro gospel Olodum do Coio. Mediante a percusión, os cánticos sagrados e a palabra, os asistentes atoparán o verdadeiro camiño de salvación, a purificación, e a expiación do pecado. Homes, mulleres, plañideiras, cativos, guerreiros e covardes, votantes e políticos, da resistenza ou do lado escuro… Quedades todos convidados a acompañar á comitiva co gallo da queima da sardiña que terá lugar na praia de San Tomé (ou no despacho da alcaldesa se as inclemencias do tempo así o dictan) e que partirá dende a mesma Praza do Concello… ALELUIA!!!”

 

 

BASES DO CONCURSO DE CARROZAS ENTROIDO 2016

O Excmo. Concello de Cambados, a través da Concellería de Cultura CONVOCA O CONCURSO DE CARROZAS DE ENTROIDO PARA O DOMINGO 7 DE FEBREIRO DE 2016 ÁS 17.00h. Esta convocatoria rexerase polas seguintes bases que estarán a disposición dos interesados na Biblioteca Municipal Luís Rei, no Rexistro Municipal e na web www.cambados.es

1.- Poderán participar todas as persoas, asociacións ou colectivos que o desexen.

2.- Os participantes deben inscribirse obrigatoriamente na Biblioteca Municipal Luís Rei indicando:

-Nome para a carroza, colectivo ou comparsa e temática.
-Nome, DNI, dirección e teléfono da persoa representante do grupo, así como dos integrantes (incluíndo os menores ao seu cargo). O representante deixará copia do DNI para as accións administrativas posteriores.
-Certificado de conta bancaria do representante do grupo para o ingreso do premio. O prazo de presentación da documentación será ata o martes 2 de febreiro. A biblioteca está aberta ao público de 09.00h a 14.00h e de 16.00h a 21.00h de luns a venres e os sábados de 10.30h a 13.30h.

3.- A temática de cada carroza será libre (aínda que se procurará que non sexa obscena ou ofensiva)

4.- As carrozas deberán, xunto coa axuda da organización ,estar colocadas para o desfile entre as 16.00 e as 17.00 horas. Para acceder aos premios ou ás gratificacións, as carrozas participantes deberán desfilar obrigatoriamente na orde establecida de antemán pola organización polo seguinte percorrido: Saída da Escalinata de San Tomé – Avda. de Galicia – Praza do Concello – Avda. de Madrid – Avda. da Coruña – Ribeira de Fefiñáns – Paseo da Calzada – Praza do Concello.

5.- As carrozas deberán ter como mínimo 1 metro de altura, 3 metros de longo e 1,5 metros de ancho e estar compostas por un mínimo de 8 integrantes disfrazados. De non ser así, considérase como maqueta, optando só á gratificación por participar. As maquetas deberán contar cun mínimo de 5 integrantes disfrazados.

6.- O xurado estará composto por 5 veciños e veciñas de Cambados maiores de idade que así o desexen, podendo inscribirse para tal condición na Biblioteca Municipal de Cambados. O xurado estará presente durante o percorrido do pasacalle.

7.- O xurado valorará a orixinalidade do deseño, laboriosidade e creatividade así como que toda a indumentaria e complementos garden relación coa temática elixida e calquera outro motivo que poida considerar, coma a interpretación dos personaxes representados. Terase en conta a unidade no disfrace e o grao de coordinación coa súa significación e composición.

8.- Premios:

Todas as carrozas, ou colectivos que realicen o pasacalle, terán unha gratificación de 200€.
Todas as maquetas que realicen o pasacalle terán unha gratificación de 100€.

Os diplomas acreditativos dos premios serán entregados na Praza do Concello, o domingo 7 de febreiro ao remate do concurso. De seguido, todos os respresentantes legais deberanse reunir coa organización para asinar os documentos xustificativos pertinentes mostrando o seu DNI. A contía das gratificacións e dos premios farase a través de conta bancaria e aboaranse unha vez sexan presentados os nomes dos gañadores e sexan aprobados pola Xunta de Goberno Local.

9.- A contía dos premios establécese da seguinte maneira:

3ª Carroza Clasificada 300€ , 2ª Carroza Clasificada 400€ , 1ª Carroza Clasificada 500€

10.- Calquera dúbida ou baleiro que puidese xurdir da interpretación e aplicación das presentes bases, será resolto no seu momento polo xurado e a súa decisión será inapelable. A presentación a este Concurso implica necesariamente a aceptación de todos e cada un dos puntos das Bases
* En caso de choiva o Concurso de Carrozas intercambiarase co Concurso das Comparsas, e de persistir o mal tempo trasladaríase ao sábado 13 de febreiro.

 

BASES DO CONCURSO DE DISFRACES INFANTIL ENTROIDO 2016

O Excmo. Concello de Cambados, a través da Concellería de Cultura xunto coa Confraría de Pescadores e a Asociación de Comerciantes Zona Centro convoca o CONCURSO DE DISFRACES INFANTÍS O LUNS DE ENTROIDO 8 DE FEBREIRO ÁS 17.00h no Salón de Congresos e Exposicións de Peña. Esta convocatoria rexerase polas seguintes bases que estarán a disposición dos interesados na Biblioteca Municipal Luís Rei, no Rexistro Municipal e na web www.cambados.es

1.- Poderán participar todos os nenos e nenas que o desexen.

2.- Os participantes deben inscribirse o mesmo día, 30 minutos antes do comezo do concurso, seguindo as indicacións da organización.

3.- O xurado estará composto por 5 veciños e veciñas de Cambados maiores de idade que así o desexen, podendo inscribirse para tal condición na Biblioteca Municipal de Cambados. O Xurado estará presente durante todo o concurso.

4.- O xurado tomará a decisión ao remate do concurso e valorarase a orixinalidade do deseño, laboriosidade, creatividade, así como que toda a indumentaria e complementos garden relación co disfrace elixido e calquera outro motivo que poida considerar o xurado, coma a interpretación dos personaxes representados. Na modalidade de grupos, ademais, terase en conta a unidade no disfrace do grupo e o grao de coordinación coa súa significación e composición.

5.- A contía dos premios farase en vales de compra para cambiar nos establecementos adheridos á Asociación Cambados Zona Centro.

Dous premios ao mellor Disfrace Individual:

– Masculino: un premio de 50€
– Feminino: un premio de 50€

Un premio ao mellor Disfrace en Parella de 100€

Un premio ao mellor Disfrace de Grupo de 150€
*Terán consideración de Grupo todos aqueles que conten cun mínimo 3 persoas.

6.- Presentarse ao mellor disfrace en modalidade Individual, Parella ou Grupo excluirá de poder presentarse en calquera das outras dúas modalidades.
*O xurado poderá declarar deserto calquera dos premios.

7.- A entrega dos diplomas acreditativos dos premios realizarase tras a decisión do xurado. Ao remate do concurso e para poder trocar os vales dos premios será preciso que os representantes legais dos gañadores cubran os documentos xustificativos pertinentes, presentando o seu DNI.

8.- Calquera dúbida ou baleiro que puidese xurdir da interpretación e aplicación das presentes bases, será resolto no seu momento polo xurado e a decisión do mesmo será inapelable. A presentación a este Concurso implica necesariamente a aceptación de todos e cada un dos puntos das Bases.

 

BASES DO CONCURSO DE FILLOAS ENTROIDO 2016

O Excmo. Concello de Cambados, a través da Concellería de Cultura convoca o CONCURSO DE FILLOAS PARA O LUNS DE ENTROIDO 8 DE FEBREIRO ÁS 17.30h na Sala de Degustacións do Salón de Congresos e Exposicións de Peña. Esta convocatoria rexerase polas seguintes bases que estarán a disposición dos interesados na Biblioteca Municipal Luís Rei, no Rexistro Municipal e na web www.cambados.es

1.- Cada equipo estará formado por un mínimo de dúas persoas.

2.- O número máximo de grupos participantes será de 10 que accederán ao concurso por rigorosa orde de inscrición.

3.- Os participantes deben inscribirse na Biblioteca Municipal Luís Rei ata o venres 5 de febreiro pola mañá facendo entrega da copia do DNI da persoa interesada. A biblioteca está aberta ao público de 09.00h a 14.00h e de 16.00h a 21.00h de luns a venres e os sábados de 11.00h a 14.00h.

4.- Todo o proceso de elaboración da masa terá que realizarse no recinto do concurso. O tempo non superará os 30 minutos dende o inicio, que comezará a contar no momento en que todos os grupos estean preparados.

5.- O equipo deberá levar o seu propio material para a elaboración das filloas exceptuando o fogón.

6.- Haberá dúas categorías de Premios:

– Ás máis saborosas: 100€
– Ao maior nº de filloas enteiras realizadas en 30 minutos: 100€

7.- Os equipos restantes que non acaden premio, recibirán unha gratificación de 50€ por participar.

8.- O xurado estará composto por 5 veciños e veciñas de Cambados maiores de idade que así o desexen, podendo inscribirse para tal condición na Biblioteca Municipal de Cambados. O xurado estará presente dende o comezo do concurso valorando todo o proceso de elaboración das filloas.

9.- Os diplomas acreditativos dos premios serán entregados ao remate do concurso. De seguido, todos os respresentantes legais deberanse reunir coa organización para asinar os documentos xustificativos pertinentes mostrando o seu DNI. A contía das gratificacións e dos premios farase a través de conta bancaria e aboaranse unha vez sexan presentados os nomes dos gañadores e sexan aprobados pola Xunta de Goberno Local.

 

BASES DO CONCURSO DE DISFRACES XUVENIL E ADULTO ENTROIDO 2016

O Excmo. Concello de Cambados, a través da Concellería de Cultura convoca o CONCURSO DE DISFRACES XUVENIL E ADULTO PARA O MARTES DE ENTROIDO 9 DE FEBREIRO DE 2016 NA PRAZA DE ALFREDO BRAÑAS ÁS 17.00h. Esta convocatoria rexerase polas seguintes bases que estarán a disposición dos interesados na Biblioteca Municipal Luís Rei, no Rexistro Municipal e na web www.cambados.es

1.- Poderán participar todas as persoas, asociacións ou colectivos que o desexen.

2.- Os participantes deben inscribirse na Biblioteca Municipal Luís Rei ata o venres 5 de febreiro facendo entrega da copia do DNI da(s) persoa(s) interesada(s). A biblioteca está aberta ao público de 09.00h a 14.00h e de 16.00h a 21.00h de luns a venres e os sábados de 10.30h a 13.30h. Tamén, de xeito excepcional, abrirase un prazo de inscrición o martes 9 de febreiro en Alfredo Brañas en horario de 16.30h a 17.00h.Os participantes deberán obrigatoriamente desfilar pola pasarela situada na praza.

3.- O xurado estará composto por 5 veciños e veciñas de Cambados maiores de idade que así o desexen, podendo inscribirse para tal condición na Biblioteca Municipal de Cambados. O xurado estará presente durante todo o concurso.

4.- O xurado tomará a decisión ao remate do concurso e valorarase a orixinalidade do deseño, laboriosidade, creatividade, así como que toda a indumentaria e complementos garden relación co disfrace elixido e calquera outro motivo que poida considerar o xurado, coma a interpretación dos personaxes representados. Na modalidade de grupos, ademais, terase en conta a unidade no disfrace do grupo e o grao de coordinación coa súa significación e composición.

5.- A contía dos premios farase en vales de compra para cambiar nos establecementos adheridos á Asociación Cambados Zona Centro.

Dous premios ao mellor Disfrace Individual:

– Xuvenil: un premio de 100€.
– Adulto: un premio de 100€

Dous premios ao mellor Disfrace en Parella:

– Xuvenil: un premio de 150€ .
– Adulto: un premio de 150€

Dous premios ao mellor Disfrace de Grupo:

– Xuvenil: un premio de 200€ .
– Adulto: un premio de 200€

*Consideraranse na categoría Xuvenil aos rapaces e rapazas de 12 a 17 anos cumpridos e Adultos de 18 anos cumpridos en diante.
*Terán consideración de Grupo todos aqueles que conten cun mínimo 3 persoas.
*Na categoría de grupos, nos casos nos que haxa adultos e mozos mesturados na unidade do disfrace, prevalecerá no concurso a categoría da maoría dos integrantes.

6.- Presentarse ao mellor disfrace en modalidade Individual, Parella ou Grupo excluirá de poder presentarse en calquera das outras dúas modalidades.
*O xurado poderá declarar deserto calquera dos premios.

7.- A entrega dos diplomas acreditativos dos premios realizarase tras a decisión do xurado. Ao remate do concurso e para poder trocar os vales dos premios será preciso que os gañadores, ou os seus representantes legais en caso de seren menores de idade, cubran os documentos xustificativos pertinentes, presentando o seu DNI.

8.- Calquera dúbida ou baleiro que puidese xurdir da interpretación e aplicación das presentes bases, será resolto no seu momento polo xurado e a decisión do mesmo será inapelable.

A presentación a este Concurso implica necesariamente a aceptación de todos e cada un dos puntos das Bases.

* En caso de choiva o concurso trasladarase ao recinto do Salón de Congresos e Exposicións de Peña.

 

BASES DO CONCURSO DE COMPARSAS ENTROIDO 2016

O Excmo. Concello de Cambados, a través da Concellería de Cultura convoca o CONCURSO DE COMPARSAS PARA O MARTES DE ENTROIDO 9 DE FEBREIRO DE 2016 NA PRAZA DE ALFREDO BRAÑAS ÁS 18.30h. Esta convocatoria rexerase polas seguintes bases que estarán a disposición dos interesados na Biblioteca Municipal Luís Rei, no Rexistro Municipal e na web www.cambados.es

1.- As comparsas interesadas en participar teñen que inscribirse na Biblioteca Municipal Luís Rei ata o mércores 3 de febreiro facendo entrega da copia do DNI da persoa interesada. A biblioteca está aberta ao público de 09.00h a 14.00h e de 16.00h a 21.00h de luns a venres e os sábados de 10.30h a 13.30h. No momento de formalizar a inscrición é imprescindible facer constar os seguintes datos e aportar a seguinte documentación:

-Nome da comparsa e temática que representa.
-Número de membros que a compoñen e rango de idades.
-Listado dos integrantes da comparsa indicando Nome, DNI, enderezo, teléfono de contacto ou dos seus representantes legais (en caso de non seren unha asociación constituída). Indicarase claramente quen será o responsable do grupo para todas as accións relacionadas co concurso.
-Certificado de conta bancaria da Asociación ou do representante da comparsa no caso dos grupos informais.

2.- O Concurso contará coa participación dun máximo de 10 comparsas. No caso de superar esta cantidade, seleccionaranse por orde de inscrición, priorizando as que conten con máis integrantes domiciliados en Cambados. Polo tanto, será a Organización quen, ao día seguinte de finalizar o prazo de inscrición, contacte con aquelas que finalmente participen. A organización pode permitir a participación de comparsas fóra de concurso se quedan prazas libres. A orde de actuación será a mesma que a de inscrición.

3.- As comparsas estarán formadas, por un mínimo de 10 persoas, e terán un representante legal maior de idade, que asuma a responsabilidade en todos os supostos derivados da participación neste concurso.

4.- As comparsas deberán estar o martes 9 de febreiro de 2016, coa suficiente antelación, na Praza de Alfredo Brañas (ou en caso de mal tempo Salón J.Peña).

5.- As comparsas contarán con medios propios para faceren a súa actuación, e terán un máximo de 20 minutos dende que suban ata que baixen do escenario ou un máximo de 5 cancións por grupo. Establécese igualmente un mínimo de 3 cancións para poder participar.

6.- A entrada e a saída de cada comparsa será ordenada, pola escaleira lateral esquerda do escenario (de realizarse na Praza de Alfredo Brañas, terán espazo para colocarse na rúa Hospital, baixando tras o remate da actuación pola da dereita (saíndo para non entorpecer a entrada da seguinte comparsa pola rúa Isabel II). A actuación realizarase segundo a orde establecida no momento da inscrición, da que deberán estar pendentes cada un dos seus representantes.

7.- As comparsas non poderán usar na súa actuación medios ou materiais que supoñan un perigo para as persoas. O xurado penalizará as comparsas que incumpran este apartado coa súa eliminación automática.

8.- Unha vez rematado o concurso, as comparsas retirarán do espazo no que se realice o Concurso todas as súas pertenzas. De non facelo poden incurrir nunha penalización económica.

9.- As comparsas que o precisen comprométense a entregar, con tempo suficiente (a través dun CD, memoria extraíble…) ao técnico do son os arquivos de música que queiran reproducir durante a súa actuación. Deberán concretar co antedito técnico formato e calidade para evitar problemas durante a actuación.

10.- Co fin de colaborar e de lle dar máis vistosidade ao desfile de carrozas do Domingo de Entroido, así como a oportunidade ao público en xeral de poder gozar das comparsas, animaráselles a estas a que participen ambos os dous días.

11.- O xurado estará composto por 5 veciños e veciñas de Cambados maiores de idade que así o desexen, podendo inscribirse para tal condición na Biblioteca Municipal de Cambados. O xurado estará presente durante todo o concurso.

12.- O xurado valorará os seguintes aspectos das actuacións:

-Nº de participantes e unidade grupal na súa posta en escena
-Actitude na exhibición: a música, sobre todo se é en directo e instrumentalizada, o canto e o baile.
-Caracterización: vestiario, sobre todo se a súa realización é artesanal, a súa orixinalidade e vistosidade, así como as maquillaxes e os complementos.
-Humor e crítica: a letra, o inxenio, a ironía, o dobre sentido, sempre dende o respecto. Exixirase que a temática estea relacionada dalgún xeito con Cambados ou coa actualidade social, cultural ou política do país.

13.- Rematada a votación, os membros do xurado sumarán as puntuacións e firmarán a acta, que será comunicada ao público asistente. Despois de que se coñeza o nome das comparsas gañadoras, estas recibirán os diplomas do Concurso de Comparsas 2016. O xurado poderá sen embargo deixar os premios desertos se así o considerase ofrecendo só a posibilidade de outorgar gratificacións. Os membros das comparsas respectarán o labor do xurado, e acatarán a súa decisión, aínda que non a compartan.

14.- Os premios quedan establecidos do xeito seguinte:

3ª Comparsa Clasificada 100€ , 2ª Comparsa Clasificada 200€, 1ª Comparsa Clasificada 300€

-O resto de participantes non premiados: gratificación de 100 €, sempre e cando o sábado 6 de febreiro tiveran feito unha ruta dando a coñecer a súa comparsa e as súas letras polos establecementos de Zona Centro que colaboran coas primeiras xornadas “Petiscos de Entroido” (ver programa de man de Zona Centro). Deberán achegarse aos establecementos que a Organización lles indique coincidindo coa inauguración destas xornadas entre as 13.00 e as 15.00 horas.

15.- As comparsas terán a obriga de entregar, o mesmo día da inscrición, 2 exemplares das súas letras na biblioteca, para lles seren entregadas ao xurado e ao arquivo municipal. A data límite para esta entrega é o 3 de febreiro ás 14.00 horas no mesmo lugar da inscrición.

16.- Os diplomas acreditativos dos premios serán entregados na Praza de Alfredo Brañas, o martes 9 de febreiro ao remate do concurso. De seguido, todos os respresentantes legais deberanse reunir coa organización para asinar os documentos xustificativos pertinentes mostrando o seu DNI. A contía das gratificacións e dos premios farase a través de conta bancaria e aboaranse unha vez sexan presentados os nomes dos gañadores e sexan aprobados pola Xunta de Goberno Local.

17.- As comparsas coa aceptación destas bases dan o seu visto e prace a posibles difusións ou explotacións do contido do evento, que será, en todo caso, responsabilidade do Concello de Cambados.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.