PROGRAMA VARIAS ACTIVIDADES CON MOTIVO DO DÍA EUROPEO DO ENOTURISMO.

PROGRAMA VARIAS ACTIVIDADES CON MOTIVO DO DÍA EUROPEO DO ENOTURISMO.

O Concello de Cambados acollerá numerosas actividades con motivo do Día europeo do enoturismo que se celebra o 13 de Novembro.

O venres 4 de Novembro inaugurase da exposición da obra de Abel Barandela Luces “Costumes e Viño Tinto” as 20:00 en ExpoSalnés. Do sábado 5 de novembro o 11 de Decembro o salón de Congresos e Exposicións José Peña dará cabida a mostra de arte “Arte Ibérica”. Tamén do 5 o 6 de novembro o Salón Peña acollerá as IV Xornadas de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, actividade gratuíta previa inscrición na Oficina de Turismo de Cambados, no teléfono 986 520 786 ou no mail turismo@cambados.es.

A programación concluirá coa Cata Amateur Ruta do Viño Rías Baixas, que se desenrolará o domingo 13 de novembro. A actividades é de carácter gratuíto, previa inscrición, en Ruta do Viño Rías Baixas, teléfono 986 091 088, ou info@rutadelvinoriasbaixas.com, e terá lugar no salón Peña. Esta xornada está organizada polo Concello de Cambados e a Ruta do Viño.


Descargar: DÍA EUROPEO DE ENOTURISMO.pdf

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.