PROGRAMA DE MOBILIDADE TRANSNACIONAL XUVENIL

PROGRAMA DE MOBILIDADE TRANSNACIONAL XUVENIL

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado comunica que no DOG do 8 de abril de 2016 publicouse a Orde do 23 de marzo de 2016 do programa de mobilidade transnacional xuvenil (Galeuropa) con cargo ao programa de emprego xuvenil.

Este programa ten como finalidade apoiar a mobilidade da xuventude galega para que realice prácticas formativas non remuneradas en entidades/empresas públicas ou privadas de países europeos ben directamente concedendo axudas individuais aos mozos e mozas ou ben mediante concesión de axudas a proxectos de mobilidade de entidades sen ánimo de lucro ou proxectos de concellos.

Os destinatarios/as das axudas son mozos e mozas menores de 30 anos que estean inscritos no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e cumpran a acondición de beneficiarios/as do sistema.

O importe da axuda total inclúe una axuda para os gastos de aloxamento, viaxe  e manutención que varían en función do país de realización da práctica formativa e en función da duración da mesma. E para os proxectos de mobilidade promovidos polos concellos e entidades sen ánimo de lucro se prevé una axuda para apoio aos aspectos organizativos, a execución do proxecto, e para a entidade de acollida no país de realización das prácticas formativas.

Está a súa disposición toda a información sobre este programa no seguinte enlace; http://xuventude.xunta.es/2016040818900/programa-de-mobilidade-transnacional-xuvenil-galeuropa-2016.html  ou nos números de teléfono 981 544 645 / 981 544 854 / 981 541 688 e a través do correo electrónico galeuropapr-garantiaxuvenil@xunta.es

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.