programa de actividades para a prevención da dependencia no centro de día de Cambados

programa de actividades para a prevención da dependencia no centro de día de Cambados

A primeira das actividades é un ciclo de seis charlas formativas no centro de día para veciños que se encargan do coidado de familiares e outras persoas dependentes, que terán lugar nos meses de decembro, xaneiro e febreiro, en xornada de tarde, co obxectivo de comprender mellor as situacións de dependencia e atopar recursos que faciliten as tarefas de coidado. Precisamente a primeira das charlas, o próximo 12 de decembro, versará sobre os recursos sociais dos que dispoñen as persoas, no ámbito da dependencia.

A segunda actividade consiste en abrir os obradoiros de ximnasia e de memoria que se realizan semanalmente no centro de día coa finalidade de promover a autonomía persoal a veciños da vila maiores de 65 anos. Concretamente, os obradoiros de memoria e de ximnasia abrirán unha hora semanal cada un deles, a partir do mes de decembro. Ambas actividades, as charlas e os obradoiros, pretenden converter o centro de día de Cambados nun espazo vivo e aberto á súa contorna.

o Edil de Servizos Sociais, Tino Cordal, xunto co Director do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, visitaron o novo centro de día de Cambados, que ten unha capacidade máxima de 40 usuarios, máis de 850.000 euros entre obras e equipamento. Este novo servizo entrou en funcionamento no pasado mes de outubro e a incorporación de usuarios estase a producir dun xeito gradual.

Actividades para maiores de 65 Centro de Día Cambados

Actividades para coidadoras Centro de Día Cambados