PROGRAMA DE ACOLLIDA DA CRUZ VERMELLA: EN FAMILIA, POR DEREITO

PROGRAMA DE ACOLLIDA DA CRUZ VERMELLA: EN FAMILIA, POR DEREITO

A Cruz Vermella desenvolve o Programa de Familias Acolledoras da Xunta de Galicia, e precisa dar a coñecer a medida de acollementos en familia allea, porque hai nenas e nenos que por diversas problemáticas dos seus pais necesitan un fogar temporal e son necesarias persoas dispostas a proporcionarllo, mentres de solucionan as circunstancias que lles impiden vivir coa súa familia.

Actualmente está en marcha a Campaña de Acollemento Familiar: En familia, por dereito coa que queren dar a coñecer esta realidade e piden colaboración para poder facer chegar esta mensaxe a máis persoas e que coñezan a posibilidade de ser familia acolledora.

O Concello de Cambados, a través da concellería de Servizos Sociais, anima ás familias a participar neste programa, para o cal poden solicitar toda a información necesaria dirixíndose a dita concellería, ou visitando a páxina web www.acollementofamiliar.org

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.