PRESENTACIÓN XIV EDICIÓN DA FESTA DA VIEIRA

PRESENTACIÓN XIV EDICIÓN DA FESTA DA VIEIRA

CAMBADOS CELEBRA ESTA FIN DE SEMANA A XIV EDICIÓN DA FESTA DA VIEIRA CUN XEITO RENOVADO NA ELABORACIÓN DO BIVALVO.

A Festa da Vieira de Cambados
inaugurase o venres 17 de xullo ás 13 horas no Paseo da Calzada.

A pesar da pésima campaña que tivo o sector o pasado inverno, finalmente os organizadores, a Confraría e Porto de Cambados, empresa que comercializa a vieira arousá, apostaron pola continuidade do evento debido o incremento das vendas durante os primeiros meses do ano.
Un dato que ofrecía hoxe na rolda de prensa de presentación do evento a Concelleira do Mar, Mª José Cacabelos, representante tamén da Confraría de Cambados.

Como ven sendo tradicional a degustación do bivalvo será na carpa gastronómica ubicada no Paseo da Calzada. Desta volta da renovada forma de preparar o molusco  encargarase o chef Rafael Centeno do Restaurante Maruja  Limón de Vigo.

A responsable de Porto de Cambados, Mar Ambroa, presentou as  recetas que se poderán degustar  durante os tres días no Paseo da Calzada:  “vieira marinada e cereais”, “vieira con velouté de erizos e millo”, “vieira con cremosos de noz moscada e cítricos” e a tradicional empanada de vieira.

O prezo da ración na carpa de degustación será de 8 euros en todas as variedades.
A previsión dos organizadores é elaborar 1.500 tapas diarias.

Ademáis, para aprender a preparar o popular molusco e outros productos que se poden atopar na lonxa, como lura, xurel e sardiña, o chef cambadés Yayo Daporta impartirá un taller de cociña o sábado 18 de xullo ás 19 horas na carpa de degustación.
A iniciativa desenvolverase baixo o título “Pesca de Rías.. de onde se non?” coa finalidade de promover e potenciar o consumo de productos das nosas rías.

Como outra novidade desta edición, a xornada inaugural tamén contará con actuación musical a cargo dos grupos The Sharknadoos e Mandarina Jack ás 23 horas.
Todo elo completarase coas Rutas Turísticas de Guimatur, de balde para as persoas que se inscriban, e que  se prolongarán durante o sábado e o domingo para poder observar o traballo das mariscadoras nos bancos de Cambados.
As Rutas desenvolveranse o sábado 18 ás 11:30 horas e o domingo 19 ás 12:00 horas.

A presentación desta XIV edición da Festa da Vieira de Cambados celebrouse esta mañá no Concello coa presencia da alcaldesa, Fátima Abal,  a Concelleira do Mar e representante da Confraría, Mª José Cacabelos, o Concelleiro Xurxo Charlín, a responsable de Porto de Cambados, Mar Ambroa, e o chef cambadés Yayo Daporta.

Por parte do Concello, o edil Xurxo Charlín destacou a importancia de axudar na organización da Festa da Viera porque “supón colaborar cun dos sectores productivos máis importantes do municipio como é o do mar”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.