Dende o Concello de Cambados facemos público, de forma oficial, o programa da LXIV Festa do Viño Albariño. Nunha rolda de prensa celebrada esta mañá na casa consistorial, a alcaldesa Fátima Abal, e os concelleiros Constantino Cordal, Victor Caamaño, e Jose Ramón Abal expuxeron as liñas xerais dun programa que xa está a disposición de tódolos interesados en consultalo.
Este programa preséntase en tres formatos: por unha banda, a clásica edición impresa, dispoñible na oficina de turismo ou no concello. Ademáis, ese mesmo libriño impreso está dispoñible en formato dixital para a súa descarga (enlace na parte inferior do artigo), ou mediante unha aplicación gratuíta para teléfonos móbiles, dispoñible para as plataformas Android e iOS.
Mediante dita aplicación poderánse consultar os diversos eventos como concertos, as novas relacionadas coa Festa ou a historia desta dende as súas orixes, así como consultar mapas de Cambados ou descargar arquivos multimedia.
PROGRAMA DA LXIV FESTA DO ALBARIÑO