PRESENTACIÓN DOS OBRADOIROS DE EMPREGO DE CREACIÓN DE PÁXINAS WEB E ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL

PRESENTACIÓN DOS OBRADOIROS DE EMPREGO DE CREACIÓN DE PÁXINAS WEB E ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL

Esta mañá foron presentados os dous novos obradoiros de emprego que serán impartidos en Cambados, os cales comezarán mañá. A presentación foi realizada pola alcaldesa Fátima Abal, o concelleiro de educación e cultura Victor Caamaño, o concelleiro de Servizos Sociais Tino Cordal, a secretaria territorial da Xunta Ana Ortiz, o director do Obradoiro Enrique Ferreiro e a directora da oficina de emprego Mariola Otero.

Os obradoiros, subvencionados pola Consellería de traballo, están conformados por dous módulos, un de“confección e publicación de páxinas web” e outro de “dinamización de actividades de tempo libre”

Cada un dos módulos contará cun docente e 10 alumnos, os cales serán contratados por un período de 6 meses e cobrarán o 100% do SMI, ademáis do director e un administrativo.

Os traballos realizados neste Obradoiro servirán para a confección da páxina web turística “Descobre Cambados”, ademáis de realizar propostas de márqueting sociocultural e actividades dirixidas á infancia e mocidade do Concello.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.