O Proxecto conxunto Emprendemar presentado polo Concello xunto coa Cofradia de Pescadores de Cambados ven de ser seleccionado para ser subvencionado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca a través dos Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro; tratase dun proxecto plurianual. A estratexia do proxecto vai encamiñada a promover o crecemento e desenvolvemento económico e social do territorio, apoiando a diversificación das actividades da pesca e fomentando, prioritariamente no colectivo de xoves e mulleres, o emprendemento e a capacitación. As actuacións contempladas no proxecto aspiran por tanto a favorecer a cohesión social e á mellora da calidade de vida do territorio a través do apoio da diversificación e á creación de emprego, mellorando deste xeito as posibilidades de atopar novas fontes de ingresos e de dotar de valor engadido as actividades e produtos locais. O alto valor dos recursos naturais locais, en termos paisaxísticos e de biodiversidade, constitúe unha importante fortaleza estratéxica que non se pode desaproveitar, para promover o crecemento económico e a competitividade, tal e como suxire o FEMP no seu programa operativo 2014-2020. En resposta a tal situación, o proxecto intervén en este ámbito ao establecer como primeiro obxectivo específico “Analizar e avaliar as posibilidades e recursos que ofrece o territorio local para a diversificación das actividades pesqueira e acuícolas”.
PRESENTACIÓN DO PROGRMAMA EMPRENDEMAR NOS GALP
| M | T | W | T | F | S | S |
|---|---|---|---|---|---|---|
| « Xul | ||||||
| 1 | ||||||
| 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
| 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
| 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
| 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | |
Últimas novas

LXXIII FESTA DO VIÑO ALBARIÑO
22 Xullo, 2025
PROGRAMA_25M_compressed-1Descarga

Mar de letras - VII edición relato curto e poesía
18 Setembro, 2024
CartelMarDeLetras2024Descarga BasesMarDe
