Este venres, ás 20:00 horas, será presentado en Exposalnés o libro “Un cesto de mazás: Memoria do 36 e do tempo que veu”.
O acto de presentación estará presentado por Fátima Frieiro, xornalista do Diario de Arousa, e nel inservirán: Tino Cordal, concelleiro do goberno de Cambados; Antonio Cordal, sobriño de Castor Cordal, o cal é un dos protagonistas do libro e foi asasinado en setembro de 1936 e enterrado nunha foxa en Curro; e Montse Fajardo, autora do libro.
A presentación completarase coa proxección do vídeo “O faiado da memoria”