O sábado 13 de febreiro, ás 20:00h o Auditorio Municipal acolle a proxección do documental “el desorden de las cosas”, dirixido por Javier Campos e que narra a historia de 5 valentes mulleres que tras vencer un cancro de mama superaron o reto de chegar ao cume do Kilimanjaro da man do Reto Pelayo Vida.
Esta iniciativa naceu co obxectivo de transmitir unha mensaxe de esperanza e loita a todas aquelas mulleres que tiveron ou estén en tratamento desta enfermidade e demostrar que se pode superar. O respaldo de Pelayo forma parte da súa colaboración co Universo Muller 2018, un programa impulsado pola Federación Española de Baloncesto e apoiado polo Consello Superior de Deportes.
Despois da proxección haberá unha charla-coloquio no cal intervirán:
Cristina Alonso Gómez (psicóloga)
Pablo Braña López (traballador social)
Ángeles Pereira Roibal (médico)
Rosa Fernández Rubio (integrante do reto)
Araceli Oubiña (integrante do reto)
A continuación podemos ver un adianto do filme: