O Concello de Cambados ven de presentar, no marco do Culturgal 2015, as primeiras Xornadas sobre paisaxes interiores da Fundación Manoolo Paz, que se celebrarán en Cambados entre os días 10 e 11 de xuño de2016 e nas que haberá, a parte das conferencias, concertos e catas de brancos Rías Baixas.
Para elo o Concello de Cambados e a Fundación Manolo Paz colaborarán conxuntamente coa Ruta do Viño Rías Baixas e a Adega Condes de Albarei entre outras.
Nestas xornadas estará involucrado Álvaro Negro, artista plástico e curador cunha ampla e completa traxectoria, con exposicións entre España e Portugal e obras en Coleccións como no CGAC, MARCO, MAC Gas Natural Fenosa, Fundación Barrié de la Maza ou Fundación Coca Cola.
Tamén contaremos para a cata co sumiller José Aragunde, membro da Asociación de Sumilliers Gallaecia, finalista varios anos como Nariz de Oro de España, e actual Campión do Mundo de Cata. Esta clase maxistral será en colaboración coa Ruta do Viño Rías Baixas.
Denro destas xornadas tamén se poderá desfrutar de concertos, como o do contrabaixista de Jazz Paco Charlín, vilanovés formado entre escolas galegas, Tel-Aviv, Copenhague ou a Universidade de Berklee, en Boston, tocando con músicos da talla de Chano Domínguez, Perico Sambeat, Jorge Pardo, etc…
Todo isto nunha entorna incomparable que é a Fundación Manolo Paz, gozando da arte, da natureza e da paisaxe na desembocadura do Umia entre as pedras e piñeiros da parroquia de Castrelo, en Cambados.