A GARDERIA DE CAMBADOS GARANTE PRAZA NO VINDEIRO CURSO PARA TODOS OS SOLICITANTES

A Escola Infantil do Concello de Cambados comezará o curso escolar 2020-21 con 110 alumnos, dos que 43 son de novo ingreso De novo vólvese a garantir que todos as familias que reservaron praza en tempo están admitidos no centro. As familias que fixeron a reserva de praza están sendo chamados telefonicamente pola empresa que […]

A BIBLIOTECA LUÍS REI ESTARÁ PECHADA O LUNS 10 DE AGOSTO POR OBRAS NA CUBERTA

A Biblioteca Municipal Luís Rei estará pechada o vindeiro luns 10 de agosto debido ao inicio das obras de reparación da cuberta, o que implica a instalacións de estadas na fachada. O martes 11 xa abrirá de novo as portas ao público. Aínda así as obras durarán arredor dun mes, un período durante o cal […]

CONCERTO DE JAZZ NA PRAZA DE FEFIÑÁNS O DOMINGO 9 DE AGOSTO

O Concello de Cambados organiza dentro da súa programación do verán un concerto de jazz a cargo da banda Jazz Frequency Group. Será este domingo 9 de agosto ás 21 horas na Praza de Fefiñáns, con entrada gratuíta ata completar aforo. O concerto contará con todas as medidas de seguridade e hixiene que as circunstancias […]

CAMBADOS RESTRINXE NO VERÁN O ACCESO A RÚAS DO CASCO HISTÓRICO DE FEFIÑÁNS E DO CENTRO A VEHÍCULOS DE RESIDENTES E SERVIZOS

A redución da velocidade no centro urbano cambadés a 30 km/h a partir do 1 de xullo virá acompañada doutras medidas destinadas a mellorar o tráfico de vehículos, a seguridade cidadá, a mobilidade e a circulación peonil. Con estas medidas o goberno municipal de Cambados pretende acadar un desenvolvemento urbano sostible, cunha mellora na calidade […]

MÓNICA SUÁREZ E CARLOS FERNÁNDEZ GAÑAN O CONCURSO DE CONTOS DA BIBLIOTECA DE CAMBADOS

Onte fallouse o concurso de contos organizado pola Biblioteca Luís Rei de Cambados para celebrar o Día do Libro 2020. Unha vez reunidos os membros do xurado, integrado polo persoal da área de cultura do Concello, acordaron elixir como mellor conto “Mamá, eu quero ir ao cole”, de Mónica Suárez Acevedo; mentres, ”A princesa rebelde” […]

O CONCELLO DE CAMBADOS CONCEDE 7 AXUDAS DE REHABILITACION POR IMPORTE DE 40.000 €

Cambados continúa un ano máis cos seus plans de rehabilitación de bens inmobles do casco histórico ao amparo das subvencións que tramita a área de Rehabilitación (ARI). A ultima Xunta de Goberno Local ven de aprobar as axudas para 7 proxectos por un montante total de 40.046,69 € de obras realizadas entre finais de 2018 […]