Presentación da páxina web do obradoiro de emprego para a renovación urbana e medioambiental

Presentación da páxina web do obradoiro de emprego para a renovación urbana e medioambiental

Dende o Concello de Cambados seguimos ampliando e consolidando o noso espazo web , unha tarefa que comezou cunha serie de páxinas web temáticas como as de enoturismo, o portal de transparencia, a web do viveiro de empresas ou a da oficina de asesoramento ao contribuínte, así como distintas páxinas nas redes sociais.

Esta aposta por poñer ao noso Concello na vangarda do cambio tecnolóxico tivo sen lugar a dúbidas dous claros puntos culminantes, que foron por unha banda a implantación da administración electrónica e por outra a posta en marcha da nova páxina web do concello.

Pero esta labor non remata ahí, e continuamos desenvolvendo novas webs coas que achegar á maior parte da cidadanía o traballo municipal.

Froito dese traballo nace a páxina adicada ao obradoiro de emprego para a renovación urbana e medioambiental, que está dispoñible no seguinte enlace: http://oe.cambados.es/

Este obradoiro forma parte das políticas activas de promoción do emprego que son promovidas de maneira enérxica por este Concello, e nel recibiron formación unha vintena de alumnos nas especialidades de carpintería da madeira e xardinería forestal.

O desenvolvemento desta web, así coma das outras webs temáticas, foi levado a cabo por persoal municipal, e polo tanto non supuxo ningún custe extra para as arcas municipais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.