PREMIO “BIBLIOTECA PÚBLICA Y COMPROMISO SOCIAL” PARA A BIBLIOTECA LUÍS REI

PREMIO “BIBLIOTECA PÚBLICA Y COMPROMISO SOCIAL” PARA A BIBLIOTECA LUÍS REI

A concellería de Cultura do Concello de Cambados, comprácese en informar do Premio “Biblioteca Pública y compromiso social“. #PremioBiblioSocial, que vén de recibir a Biblioteca Municipal Luís Rei a través da Fundación Biblioteca Social. Dito galardón convocouse en outubro de 2015 na súa segunda edición,  e o pasado 1 de marzo 2016 o xurado valorou como “Mellor proxecto” ao denominado ¡CUÁNTO CUENTA CAMBADOS!, presentado pola biblioteca cambadesa, e que fai mención ao labor realizado durante todo o 2014.

Segundo o xurado, trátase “dun proxecto de natureza holística, global, ben orquestrado e con recursos razoables, que colabora “coa comunidade”, non “para a comunidade, tratando de que a biblioteca e o libro acodan onde hai vida, non á inversa. Facilita cohesión social e cidadá ao eliminar fronteiras de destinatarios –veñan de onde veñan-, normaliza ao usuario con discapacidade, actúa coa proximidade e a reivindicación lingüística, de forma que a cultura e o libro deveñen en instrumentos de pertenza, participación cidadá e transformación.”

accésit recibiuno o proxecto titulado “JUZBADO, LIBRO ABIERTO” da Biblioteca Municipal de Juzbado (Salamanca).

Presentáronse un total de 30 proxectos (de Galicia só o de Cambados). Nos vindeiros meses representantes da Fundación achegaranse á biblioteca para ver in situ como se desenvolve o proxecto cuxo público obxectivo é sobre todo a infancia e a xuventude. Alí gravarán un vídeo promocional e outorgarán o premio.

Máis info na web http://fundacionbibliotecasocial.org/es/premio-biblioteca-publica-compromiso-social-2015/ e na  acta del Jurado coa valoración sobre os proxectos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.