Obxecto e cualificación xurídica
Constitúe o obxecto do contrato o arrendamento de Local Industrial de 1.369,46 metros cadrados dentro da parcela 52 sito no Polígono de SetePías, Cambados.
A necesidade administrativa a satisfacer co contrato é obter un rendemento económico do inmoble en beneficio das arcas municipais.
A presente contratación rexerase polo establecido neste prego, e para o non previsto nel, será de aplicación a Lei 33/2003, de 3 de novembro, sobre Patrimonio das AAPP (en diante LPAP) e as súas disposicións de desenvolvemento, o Real Decreto Lexislativo 781/1986 polo que se aproba o Texto Refundido das Disposicións vixentes en materia de réxime local, o Real Decreto 1732/1989, de 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais, a Lei 29/1994, de 24 de novembro, de Arrendamentos urbanos e supletoriamente o Código Civil, e no non previsto nestas normas, polo disposto no Real Decreto Lexislativo 3/2001, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (TRLCSP), o Real Decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve a Lei de Contratos do Sector Público e polo Real Decreto 1098/2001, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RGLCAP). Asimesmo rexerase polas demais normas de Dereito Administrativo ou Privado que lle sean de aplicación.
O contrato definido ten a cualificación de contrato privado, tal e como se establece no artigo 4.1.p) do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, aprobado por RD Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro.
Procedemento de selección e adxudicación
A forma de adxudicación será o concurso público, de conformidade co establecido no artigo 107 da LPAP, equivalente ó procedemento aberto, en que todo interesado poderá presentar unha proposición e no que quedará excluída toda negociación dos termos do contrato, de acordo co artigo 157 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.
O perfil do contratante
Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade, este concello conta co perfil do contratante, ao que se terá acceso segundo as especificacións que se regulan na seguinte páxina web: www.cambados.es.
Importe do contrato e revisión de prezos
O orzamento de valoración do inmoble, segundo informe emitido polo técnico municipal, ascende á contía de 1.574,88 euros. Tendo en conta a duración do contrato e que o prezo de licitación non poderá ser inferior ó 6% do valor en venda do ben, establécese como tipo de licitación, mellorable á alza, o de 1,15 euros metro cadrado, máis I.V.E., anuais.
Non se admitirán ofertas por tipo inferior ó sinalado neste prego, nin se estimará correcta a proposición económica que teña formulación comparativa cas outras presentadas.
Transcorrido o primeiro ano de duración do contrato e durante a vixencia do mesmo, o prezo será actualizado mediante a aplicación da variación que experimentara o IPC elaborado polo Instituto Nacional de Estatística, referido a doce meses inmediatamente anteriores á data de finalización do ano de vixencia do contrato.
Duración do contrato
O presente contrato terá unha duración de dous anos, contando cunha prórroga de dous anos, contados a partir da formación do contrato.
Unha vez que vaian a transcorrer os dous anos, e a petición do adxudicatario poderá prorrogarse o contrato por períodos anuais. Se o prazo de duración inicial houbera transcorrido, o contrato se entendería prorrogado anualmente pola aplicación tácita da recondución prevista no artigo 1556 do Código Civil que establece que se ó rematar un contrato permanece o arrendatario disfrutando quince días ca aquiescencia do arrendador, entenderase que hai tácita recondución.
Procedmento de adxudicación. Tramitación. Presentación de proposicións e documentación administrativa
O contrato adxudicarase mediante procedemento aberto, de acordo co artigo 157 do RD Lexislativo 3/2011. En consecuencia, unha vez aprobado o procedemento, pregos, gastos e demais aspectos deberá ser obxecto de publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e no perfil do contratante; para o seu coñecemento e presentación de ofertas polos licitadores interesados no prazo outorgado. Non procede a publicación no B.O.E. por tratarse dun contrato non suxeito a regulación harmonizada (artigo 142 TRLCSP)
Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente maís vantaxosa atenderase a un só criterio de adxudicación, que de conformidade co artigo 150.1 do citado RD Lexislativo será, necesariamente, o prazo máis alto.
O prazo de presentación de instancias será de 15 días naturais (artigo 159 TRLCSP) dende o día seguinte ó anuncio de licitación no B.O.P.
As proposicións para tomar parte na licitación presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Cambados (Praza do Concello nº 1, 36630, Cambados), en horario de 8.30 horas a 14.30 horas, ou en calquera dos lugares establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro.
Cando se envíen as proposicións por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da oferta, o mesmo día, mediante un télex, fax ou telegrama que consigne o número de expediente, o título completo do obxecto do contrato e o nome do licitador.
A acreditación da recepción do dito télex, fax ou telegrama efectuarase mediante unha dilixencia expedida o mesmo día polo secretario municipal. Sen a concorrencia de ambos os requisitos, non se admitirá a proposición se o órgano de contratación a recibe despois da data en que termina o prazo sinalado no anuncio de licitación. En todo caso, unha vez transcorridos os dez días seguintes a esa data sen que se recibise a documentación, esta non será admitida.
Os medios electrónicos, informáticos e telemáticos utilizables deberán cumprir, ademais, os requisitos establecidos na disposición adicional décimo sexta do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.
Cada licitador non poderá presentar máis dunha proposición [sen prexuízo do establecido nos artigos 147 e 148 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro]. Tampouco poderá subscribir ningunha proposta en unión temporal con outros se o fixo individualmente ou figura en máis dunha unión temporal. A infración destas normas dará lugar á non admisión de todas as propostas subscritas por el.
A presentación dunha proposición supón a aceptación incondicional por parte do empresario das cláusulas deste prego.
As proposicións para participar na licitación presentaranse en dous sobres pechados, asinados polo licitador e con indicación do domicilio para os efectos de notificacións, nos que se fará constar a denominación do sobre e a lenda «Proposición para licitar a contratación de alquiler de Local Industrial de 1.369,46 metros cadrados dentro da parcela 52 sito no Polígono de SetePías, Cambados. A denominación dos sobres é a seguinte:
— Sobre «A»: Documentación administrativa.
— Sobre «B»: Proposición económica.
Os documentos que se deben incluír en cada sobre deberán ser orixinais ou copias autenticadas, conforme a lexislación en vigor.
Descargar: PROPOSTA ECONOMICA CONTRATO DE ARRENDAMENTO DE LOCAL INDUSTRIAL NO POLÍGONO INDUSTRIAL DE SETEPIAS.pdf‘
Descargar: DECLARACIÓN ART 146.4 do TRLCSP.pdf
Descargar: PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁN O CONTRATO DE ARRENDAMENTO DE LOCAL INDUSTRIAL NO POLÍGONO INDUSTRIAL DE SETEPIAS.pdf