PLAN MADRUGA

PLAN MADRUGA

Cambados volverá a poñer en marcha o Plan Madruga “Os primeiros do cole” neste curso 2015-2016, único servizo gratuíto na comarca grazas ao esforzo que fai o Concello coa coordinación dos monitores culturais que forman parte do cadro de persoal da entidade local. O madruga lévase organizando de xeito ininterrompido dende o ano 2008 cun volume de uso de máis de 100 familias.

Este programa vai dirixido a aqueles pais e nais que debido as súas obrigas teñen dificultades para poder deixar aos seus fillos no colexio ás 9:00 horas. Deste xeito o Concello, en colaboración coas direccións de cada centro educativo, facilitará os medios necesarios para poder ter aberto o colexio a partir das 7:45 horas.

O Plan Madruga “Os primeiros do cole” iniciarase o vindeiro xoves 1 de outubro e desenvolverase durante todo o ano lectivo, tendo un horario de inicio de 7:45 a 9:00 horas. Durante este tempo os monitores recibirán aos nen@s e realizarán actividades e xogos.

Para acollerse a este servizo municipal será condición indispensable cubrir unha solicitude (dispoñible na Biblioteca e no Rexistro municipal) e achegar como documentación requerida, un certificado de empresa que acredite a necesidade de facer uso deste servizo, aínda que tamén se poderán atender, de non cubrirse as prazas, aquelas peticións puntuais nas que as circunstancias familiares así o esixan, como ter persoas maiores ao cargo, ou atencións médicas continuadas. O prazo de presentación de solicitudes será do 8 ao 25 de setembro, na oficina do rexistro sita na planta baixa da Casa Consistorial, de luns a venres de 8.30 a 14.30 horas e os sábados de 9.00 a 13.00 horas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.