Dende a Concellaría de Cultura do Concello de Cambados volverá a poñerse en marcha, un ano máis, o Plan Madruga “Os primeiros do cole” neste curso 2018-2019. Este programa vai dirixido a aquelas familias que debido as súas obrigas teñen dificultades para poder deixar aos seus fillos e fillas á hora de entrada no colexio.
O Plan Madruga “Os primeiros do cole” iniciarase co comezo do curso escolar, o vindeiro 12 de setembro e desenvolverase durante todo o curso lectivo. Realizarase en colaboración coas direccións de cada centro educativo no que se acade un mínimo de 10 nen@s. Terá un horario de inicio de 7:45 horas ata o comezo das clases. Durante este tempo, os monitores recibirán aos nen@s e realizarán actividades e xogos. A utilización deste servizo terá un custo para o/a usuario/a de 4 € ao mes.
Para acollerse a esta actividade será condición indespensabele cubrir unha solicitude que está a disposición de todas as familias interesadas no Rexistro do Concello de Cambados ou na Biblioteca Municipal Luís Rei. O prazo de presentación de ditas solicitudes será do 20 de xuño ao 31 de xullo, e realizarase atendendo ás seguintes indicacións:
- A persoa interesada deberá achegarse á Oficina da Tesourería no primeiro andar da Casa Consistorial. Alí fará efectivo o primeiro pagamento de 4€ para que a súa solicitude sexa admitida a trámite, emitíndose o correspondente recibo.
- A continuación presentarase coa solicitude cuberta e a documentación requerida, na Oficina do Rexistro, sita na planta baixa do Concello. O horario de atención ao público será de luns a venres de 8:30 a 14:30 horas.
De entre a documentación que se solicita destaca un certificado de empresa que acredite a necesidade de facer uso deste servizo, aínda que tamén se poderán atender, de no cubrirse as prazas, aquelas peticións puntuais nas que as circunstancias familiares así o esixan, como ter persoas maiores ao cargo, ou atencións médicas continuadas, debendo achegar igualmente a xustificación correspondente.
O ingreso económico non faculta ás persoas interesadas para acceder á actividade; porén deberán agardar ao 21 de agosto, data na que se publicarán as solicitudes admitidas. Darase prioridade a aquelas familias, nas que traballen os dous proxenitores e precisen deixar aos seus fillos todo o curso escolar dende as 7:45-8:00 horas. A aquelas persoas non admitidas reembolsaráselles na conta aportada na inscrición o pagamento realizado.
Para maior comodidade, a partir do segundo mes de uso do servizo, permitirase o pagamento a través de domiciliación bancaria de novembro a xuño, ou trimestralmente. Tamén poderá realizarse na Oficina de Tesourería. O pagamento deberá efectuarse nos 5 días anteriores ao comezo do mes para o que se inscriba ao nen@.
(Para maior información achégase copia da solicitude do servizo do Plan Madruga)
SOLICITUDE DO SERVIZO PLAN MADRUGA “OS PRIMEIROS DO COLE”
Nome e apelidos do nen@:…………………………………………………………………………….
Curso: …………… Colexio: ……………………..……………………………………………………………….
Nome e apelidos do pai/nai/titor@: ……………………………………………………………………….
Dirección: ……………………………………………………………………. Telfs: …………………………….
Razón pola que solicita o servizo e horario dende o que deixará no colexio o nen@:
……………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………
- No caso de non ser admitido, solicito o reembolso do pagamento de 4€ na conta bancaria da que son titular e achego fotocopia.
- No caso de ser admitido, desexo domiciliar o pagamento do servizo de outubro a xuño na Oficina de Recadación do Concello de Cambados coa conta bancaria da que son titular e achego fotocopia.
- Farei o pagamento do servizo trimestralmente na Oficina de Recadación.
A cubrir pola Administración Local
Solicitude: admitida denegada
Motivo(s)da denegación: ………………………………………………………………………………………….…………….
……………………………………………………………………………………………………………….…………
Documentación de obrigada aportación xunto con esta solicitude:
- Fotocopia do recibo do primeiro pagamento de 4€ efectuado na Oficina de Recadació.
- Fotocopia do DNI do pai/nai/titor@ legal do nen@ e do libro de familia ou DNI do nen@.
- Certificado de empresa, entidade ou organismo que acredite a ocupación laboral incompatible co horario de apertura do colexio.
- Fotocopia do número de conta bancaria no que desexa domiciliar o pago (se é o caso).
- Fotocopia do número de conta bancaria no que solicita o reembolso do pagamento de 4€ inicial (se é o caso).
- De ser necesario o servizo por motivos de saúde, circunstancias familiares ou atencións médicas continuadas aportarase documentación xustificativa.
Damos a nosa autorización para que os datos que figuran no presente formulario poidan ser incorporados a un ficheiro do que é titular o Concello de Cambados, e poidan se utilizados con fins estatísticos, reservándonos a posibilidade de exercitar os nosos dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, segundo o establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal.
En Cambados, a …………. de ……………………………… de 2018