Cambados baixará o IBI ao 0,55%, conxelará unha gran parte das taxas e propón numerosas bonificacións fiscais para 2017.
O obxectivo do goberno local para o vindeiro ano é investir para a creación dun concello máis xusto socialmente, de maior emprego e con máis oportunidade de negocio, e máis sensible co medio ambiente e coa natalidade.
Por eso, dentro do plan, as bonificacións estarán destinadas a catro grandes áreas: medidas de solidariedade social, politicas ambientais, impulso da actividade económica e fomento do emprego.
A alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, e o Concelleiro de Economía e Facenda, Xurxo Charlín presentaron esta mañá os novos beneficios fiscais que o equipo de goberno aprobará no pleno do vindeiro xoves.
Descargar: PROPOSTA DE BENEFICIOS FISCAIS CAMBADOS.pdf