PACTO PARA O GOBERNO DO CONCELLO DE CAMBADOS NO PERÍODO 2015/2019

Nas eleccións municipais do pasado 24 de maio os veciños e veciñas de Cambados decidiron que o noso concello contara cunha maioría plural composta por catro forzas políticas PSdG-PSOE contres concelleiros, BNG con 3 concelleiros, Somos Cambados con 2 concelleiros e Cambados Pode con 1 concelleiro.

As catro forzas políticas conscientes da responsabilidade que asumen comprométense a levar adiante un ACORDO PROGRAMÁTICO PARA O MANDATO 2015/2019.

Despois de 28 anos de goberno da dereita entendemos que o novo goberno debe marcarse como primeiro obxectivo a democratización do noso concello de xeito que a Casa do Concello sexa a casa de todos os cambadeses e cambadesas.

Na complexa situación social que estamos a vivir marcada por unha crise económica que afecta a moitas familias do noso concello entendemos que a institución municipal debe ser sensíbel, estar atenta ás necesidades dos veciños e veciñas e traballar por mellorar a súa situación dentro das nosas competencias.

A transparencia, a participación e a proximidade aos cambadeses e cambadesas serán a base da nosa acción de goberno, e a cooperación, a lealdade e o respecto mutuo entre os integrantes os principios polos que seguiaráesa acciónde goberno.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.