A Deputación de Pontevedra, a través do proxecto Labora2020 cofinanciado polo FSE, vai poñer en marcha durante os meses de outubro e novembro do 2021 itinerarios formativos para a obtención de certificados de profesionalidade.

Estes itinerarios formativos van dirixidos a persoas desempregadas da provincia de Pontevedra que se atopen incluídas nalgún dos seguintes colectivos:

  • Persoas desempregadas de longa duración (PLD)
  • Mozas e mozos menores de 30 anos non atendidos no Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEX)
  • Persoas maiores de 55 anos
  • Persoas con discapacidade
  • Inmigrantes
  • Minorías étnicas e comunidades marxinadas
  • Outros colectivos desfavorecidos: persoas que viven en fogares compostos dunha única persoa adulta con fillas ou fillos ao seu cargo; persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en materia de vivenda; vítimas de violencia de xénero, vítimas de discriminación por orixe racial ou étnico, orientación sexual e identidade de xénero; solicitantes de asilo; persoas con problemas de adicción; persoas reclusas e ex reclusas; persoas perceptoras de rendas mínimas ou salarios sociais; persoas con fracaso ou abandono escolar
  • Outras persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos servizos sociais

 

Para solicitar a preinscrición son necesarios os seguintes pasos:

Os itinerarios formativos dispoñen dunha axuda económica de 13,45€ por día de asistencia para aquelas persoas que non teñan ingresos individuais de calquera natureza superiores ao 75% do IPREM e asistan ao 90% da formación.

Labora 2020

Edificio Administrativo
Avda. Montero Ríos, S-N. Pontevedra
36071 PONTEVEDRA

Tlf: +34 986 804 100
Mail: labora2020@depo.es
Web da Deputación