INFORMACION_ORDE_DE_AXUDAS_PERMISO_CONDUCIR

REQUISITOS PARA OPTAR A ESTAS AXUDAS
As persoas que opten a estas axudas deberán ter feitos os 18 anos,
sen prexuízo da idade mínima para a obtención do permiso de clase C.
Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha
antigüidade mínima dun ano, na data de presentación da solicitude.
Estar inscritas no SNGX (Sistema Nacional de Garantía Xuvenil) e
figurar como beneficiaria no ámbito da Comunidade Autónoma de
Galicia, na data de presentación da solicitude.
Estar matriculadas nunha autoescola da Comunidade Autónoma
de Galicia no momento de presentar a solicitude ou ben ter o/s
permiso/s para o/s cales se solicita a axuda con data de expedición
entre o 1 de xaneiro de 2020 e a data de presentación da solicitude.