OFERTAS DE EMPREGO

A Confraría de Pescadores San Antonio de Cambados precisa da cobertura con carácter temporal de dous postos de traballo na lonxa e un posto de traballo na fábrica de xeo.

Os postos ofertados na lonxa, son os de lonxeiros/subastadores, e os requisitos requeridos son: estar en posesión do correspondente carné/certificado de manipulador de alimentos, así como do carné/certificado de conducción de carretillas elevadoras.

En canto á fábrica de xeo, precísase un operario cos mesmos requisitos de carné de manipulador de alimentos e manexo de carretilla elevadora, e que ademáis teña coñecementos en electricidade.

Por outra banda, a Cámara de Comercio de Vilagarcía de Arousa fai chegar unha oferta para contratar un deseñador gráfico con experiencia, para realizar tarefas de desenrolos de imaxe corporativa para empresas.

Para máis información sobre estas ofertas, podedes consultar os arquivos que adxuntamos en pdf.


Descargar: Oferta de Emprego Confraría de Pescadores
Descargar: Oferta de Emprego Deseñador Gráfico

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.