O servizo de orientación laboral do Concello de Cambados informa das seguintes ofertas de emprego:
Posto: camareiro/a e cociñeiro/a para zona de Sanxenxo. Tempada de verán e todo o ano. Envíar CVs a: andrés.nogueiragonzalez@gmail.com
Posto: becario/a FEUGA Enxeñeiro/a Organización Industrial
Lugar de traballo: comarca do Salnés
Tarefas a realizar:
-Colaborarás en diferentes proxectos de mellora continua.
-Terás a posibilidade de coñecer de preto o desenvolvemento de proxectos industriais nun ambiente multidisciplinar e enfocado á mellora de procesos, calidade e eficiencias.
-Liderarás pequenos equipos de mellora e aprenderás de profesionais da mellora continua.
Requerimentos:
-Formación académica: graduado/a en enxeñería de organizacións nos tres últimos anos nunha universidade galega.
-Coñecementos requiridos: paquete Office e recomendable formación no Lean manufacturing, Lean Six Sigma, 5S.
Contrato laboral: Bolsa FEUGA. 6 meses + 6 meses. Xornada completa. 605€ mensuais brutos.
Competencias do posto: proactividade e facilidade de aprendizaxe.
Contacto: enviar CV´s a blorda@camarapvv.es (indicar no asunto o título da oferta)
Posto: becario/a FEUGA Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
Lugar de traballo: comarca do Salnés
Tarefas a realizar:
-Colaborarás en diferentes proxectos de implantación de sistemas de calidade e hixiene alimentaria.
-Terás a posibilidade de coñecer de preto o desenvolvemento de proxectos industriais nun ambiente multidisciplinar e enfocado á mellora de procesos, calidade e eficiencias.
-Liderarás pequenos equipos de mellora e aprenderás de profesionais da calidade.
Requerimentos:
-Formación académica: graduado/a en Ciencia e Tecnoloxía dos alimentos (ou similar) nos tres últimos anos nunha universidade galega.
-Coñecementos requiridos: normas ISO, hixiene alimentaria.
Contrato laboral: Bolsa FEUGA. 6 meses + 6 meses. Xornada completa. 605€ mensuais brutos.
Competencias do posto: proactividade e facilidade de aprendizaxe.
Contacto: enviar CV´s a blorda@camarapvv.es (indicar no asunto o título da oferta)
Descargar: ofertas de empleo becarios.pdf