A Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa envíanos as seguintes ofertas de Emprego:
Oferta: técnico/a de calidade
Posto: Técnico/a para departamento de calidade en empresa agroalimentaria (sector da pesca)
Lugar de traballo: Comarca do Salnés
Tarefas a realizar: Baixo a dirección e supervisión do responsible do departamento encargarase de realizar as seguintes tarefas:
-Soporte ao responsible do departamento en elaboración e actualización de documentación do sistema, seguimento de reclamacións de clientes, seguimentos de plans de acción, calibracións, etc…
-Manter ao día e velar polo cumplimento do sistema HACCP
-Control de trazabilidade de produtos
-Mostreos e toma de datos
-Report a dirección de calidade
Requisitos imprescindibles:
-Formación académica: Licenciatura en CC. Mar / Licenciatura en bioloxía / Enxeñería técnica en industrias agroalimentarias / Técnico superior en acuicultura
-Residencia na comarca do Salnés
Outros requisitos desexables: experiencia en calidade e seguridade alimentaria en empresas do sector agroalimentario (sector da pesca). HACCP. IFS.
Contrato: temporal a xornada completa con posibilidade de desenvolvemento de carreira profesional en departamento estratéxico.
Competencias do posto: persoa moi resolutiva, dinámica e organizada, con capacidade de traballo en equipo capacidade de adaptación e interese polo desenvolvemento de novas funcións, dispoñibilidade horaria.
Contacto: enviar C.V. a blorda@camarapvv.es (indicando no asunto o título da oferta)
Oferta: informático/a
Posto: responsible do departamento informático de software e redes
Lugar de traballo: comarca do Salnés
Tarefas a realizar:
-Planificación, xestión e administración dos recursos tecnolóxicos da empresa
-Implantación dos sistemas e redes de información da empresa
-Execución e supervisión de procedementos específicos
-Responsable da seguridade dos sistemas operativos
-Soporte técnico
-Adestramento de persoal
-Asistencia á dirección na toma de decisións no ámbito tecnolóxioco
Requisitos:
-Formación académica: estudos mínimos formación profesional grado superior de informática
-Coñecementos requiridos: hardware, soporte técnico, windows 7/10, windows server, suite ofimática MS Office, networking.
-Experiencia laboral: entre 2-5 anos resolvendo incidencias de todo tipo.
-Residencia na comarca do Salnés
Contrato laboral: temporal a xornada completa con posibilidade de desenvolvemento de carreira profesional en departamento estratéxico
Competencias do posto: capacidade de análise, imprescindible excelente orientación ao usuario, resolutiva, capacidade de toma de decisións, expresión e comunicación de forma efectiva, tanto oral como escrita, elaboración de informes técnicos, analizar e comprender situacións complexas. Creatividade e iniciativa.
Contacto: enviar C.V. a blorda@camarapvv.es (indicando no asunto o título da oferta)
Descargar: oferta de empleo calidad difusion.pdf
Descargar: oferta de empleo informático difusión.pdf