OFERTAS DE EMPREGO (14-1-2016)

O Servizo Municipal de Orientación Laboral informa das seguintes ofertas de emprego:

 

ENCARGADA DE PRODUCCIÓN

– Funcións: aparte de realizar tarefas de operaria de producción, tamén terá que controlar, coordinar e distribuir o traballo. Ten que saber empacar todo tipo de marisco xa que ao tratarse dunha empresa pequena traballan orientados á calidade. Non terá que controlar rendementos nin productividades. Por enriba dela estará o Responsable de Planta.

-Duración: Estable. Xubílase a actual encargada. A idea é que coincida con ela uns 6 meses para que a poida formar.

-Data de inicio: entre decembro 2015 e xaneiro de 2016

-Idade: máximo 50 anos

-Experiencia: Imprescindible no posto

-Contrato: Dende que comece ata que se produza a xubilación da persoa que vai a sustituír estará contratada por Nortempo. Despois pasará a plantilla

-Residencia: Preferible da zona e como límite ata o Grove

-Salario: 7,70€/hora

 

HOTEL ARCO IRIS

-Oferta de emprego para:

AXUDANTE DE COCIÑA

AXUDANTE DE CAMAREIRO/A

 

As persoas interesadas poden enviar os seus CVs a:

h_arcoiris@hotmail.com

 

Presencial en:

HOTEL ARCO IRIS

–Vilanova – Dirección: Praia do Terrón, 12