OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO

OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO

Plan de Obras e Servicios (Plan Concellos), 2017

O Plan de Emprego, incluído na liña 3 do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal para o exercicio 2017, permite a contratación de desempregados para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais, a través  da prestación de servizos mínimos de competencia municipal, de interese xeral e social, e por outra banda a inserción dos colectivos máis desfavorecidos e con dificultades para encontrar un posto de traballo, propiciado pola actual crise económica, vítimas de violencia de xénero, candidatos maiores de 45 anos, candidatos que formen unha familia monoparental con fillos a cargo, persoas candidatas con renda máis baixa, e persoas candidatas con cargas familiares.

As traballadoras e traballadores que sexan contratados para realizar as obras ou prestar os servizos polos que se outorgue a subvención deberán ser persoas desempregadas, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e que estean dispoñibles para o emprego. Estes requisitos deberán cumprirse tanto no momento da selección coma no da formalización do contrato. Os traballadores serán seleccionados mediante a presentación da correspondente oferta na oficina pública de emprego, nos modelos normalizados para o efecto, facendo referencia ós requisitos e características que deben reunir as persoas que sexan contratadas para o adecuado desempeño das funcións inherentes ós postos de traballo ofertados. Para a xestión das ofertas establécese como ámbito de busca de emprego o municipio do concello de Cambados.

O concello será quen realice a selección definitiva dos candidatos, a través dos funcionarios municipais e de conformidade coa normativa aplicable, na forma prevista e segundo os criterios sinalados na orde destas axudas onde se priorizara a inclusión de desempregados en colectivos máis desfavorecidos e con dificultades para encontrar un posto de traballo. Vaise contratar mediante este plan:

6 Operarios de Persoal de Limpeza ou Limpador en Xeral, co código de ocupación 92101050, e cun contrato de traballo de 6 meses de duración e cunha xornada laboral de 35 horas semanais, con data de inicio prevista no mes de Xuño deste exercicio 2017.

As principais actuacións a desenrolar serán a de detección de vertidos incontrolados, actuacións para a  recuperación de sendas, con desbroces, limpeza de sendas, camiños e mantemento viario, mantemento e limpeza en edificios de titularidade municipais ou centros que o mantemento sexa de competencia municipal centros culturais, biblioteca, museos, colexios etc.

CONTRATACIÓN 2 TECNICOS DE TURISMO

Mentres, a través da subvención concedida pola Axencia de Turismo de Galicia neste exercicio 2017, vai permitir a contratación de Técnicos de Empresas e Actividades Turística, co código de ocupación 26301039, que deberá estar en posesión dalgún dos seguintes títulos: técnico superior en información e comercialización turística ou técnico superior en guía, información e asistencia turística; técnico en empresas e actividades turísticas, ou grao ou diplomado/a en turismo ou equivalente homologado ou ben contar coa habilitación de guía de turismo, para traballar na oficina de Turismo municipal de Cambados dende o 15 de xuño ata o 15 de setembro deste ano, e cunha xornada laboral de 5 horas diarias en horario de mañan ou tarde, fins de semana, excepto domingo de tarde e luns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.