OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO

O Concello de Cambados realiza unha convocatoria de emprego con cargo a subvención da Consellería de Emprego e Igualdade.

Os traballadores e traballadoras que se contraten deberán ser en todo caso persoas perceptoras da Risga e estar inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como persoas demandantes non ocupadas. Estes requisitos deberán cumprirse tanto no momento da selección como no da formalización do contrato. Terán preferencia, en todo caso, as persoas perceptoras da Risga que teñan asignado un proxecto de inserción de carácter laboral e os maiores 45 anos e os que teñan cargas familiares.

Os postos de traballo ofertados nesta convocatoria son os seguintes:

 

Número de prazas: 5

Posto de traballo: Peón de construcción

Descrición da ocupación: Mantemento do conxunto histórico artístico

Data prevista de incorporación: Aproximadamente o 15/6/2016

Tipo de contrato: Temporal de 210 días de duración. Xornada parcial, 30 horas semanais

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.