O Concello de Cambados, a través do Plan de Emprego da Deputación de Pontevedra, oferta os postos de traballo que se mencionan a continuación. O sondeo para seleccionar aspirantes a ditos postos será realizado pola Oficina do Servizo Público de Emprego Estatal (rúa Fonte de Fefiñáns, 4), e a selección definitiva será realizada polos técnicos do Concello, dando preferencia por esta orde aos seguintes criterios:
a) ás vítimas de violencia de xénero
b) aos candidatos/as maiores de 45 anos
c) aos candidatos/as que formen unha familia monoparental con fillos/as ao seu cargo
d) aos candidatos/as con niveis de renda máis baixa
e) aos candidatos/as con cargas familiares
Ademáis desta convocatoria, realizaránse outras dúas convocatorias, unha a finais de febreiro e outra en xuño.
Número de prazas: 2
Posto de traballo: Limpadores/as para limpeza de edificios e limpeza viaria
Requisitos: Experiencia mínima de 12 meses. Curso Básico de prevención de riscos. Cursos de formación específica para persoal de limpeza
Tipo de contrato: Temporal de 11 meses de duración. Xornada parcial de tarde con posibilidades de xornada de mañá, 25 horas semanais
Número de prazas: 1
Posto de traballo: Técnico medioambiente
Requisitos: Experiencia mínima de 2 meses en labores de tratamento de residuos
Tipo de contrato: Temporal de 11 meses de duración. Xornada parcial, 25 horas semanais
Número de prazas: 3
Posto de traballo: Peón obra pública/traballador forestal para limpeza e conservación de estradas
Requisitos: Experiencia mínima de 24 meses. Curso de prevención de riscos. Cursos de formación complementaria
Tipo de contrato: Temporal de 11 meses de duración. Xornada parcial, 25 horas semanais.
Particularidades: Dispoñibilidade para a realización de traballos en sábados, domingos e festivos
Número de prazas: 1
Posto de traballo: Electricista/mantedor de edificios
Requisitos: Experiencia mínima de 12 meses. Formación específica, formación profesional ou similar. Curso de prevención de riscos. Cursos de formación complementaria
Tipo de contrato: Temporal de 11 meses de duración. Xornada parcial, 25 horas semanais.
Particularidades: Dispoñibilidade para a realización de traballos en sábados, domingos e festivos
Número de prazas: 1
Posto de traballo: Carpinteiro/mantedor de edificios
Requisitos: Experiencia mínima de 12 meses en empresas do sector da construción. Curso de prevención de riscos. Cursos de formación complementaria
Tipo de contrato: Temporal de 11 meses de duración. Xornada parcial, 25 horas semanais.
Particularidades: Dispoñibilidade para a realización de traballos en sábados, domingos e festivos
Número de prazas: 1
Posto de traballo: Albanel/mantedor de edificios
Requisitos: Experiencia mínima de 12 meses en empresas do sector da construción. Curso de prevención de riscos. Cursos de formación complementaria
Tipo de contrato: Temporal de 11 meses de duración. Xornada parcial, 25 horas semanais.
Particularidades: Dispoñibilidade para a realización de traballos en sábados, domingos e festivos
Número de prazas: 1
Posto de traballo: Fontaneiro/mantedor de edificios
Requisitos: Experiencia mínima de 12 meses en empresas do secto. Curso de prevención de riscos. Cursos de formación complementaria
Tipo de contrato: Temporal de 11 meses de duración. Xornada parcial, 25 horas semanais.
Particularidades: Dispoñibilidade para a realización de traballos en sábados, domingos e festivos
Número de prazas: 1
Posto de traballo: Condutor pala mixta retroexcavadora
Requisitos: Experiencia mínima de 24 meses en empresas de excavación ou canalizacións. Curso de operador de vehículos e maquinaria de movementos de terras, curso de palista ou similar
Tipo de contrato: Temporal de 11 meses de duración. Xornada parcial, 25 horas semanais.
Particularidades: Dispoñibilidade para a realización de traballos en sábados, domingos e festivos
Número de prazas: 2
Posto de traballo: Monitor de servizos á comunidade/Turismo para a realización de tarefas á comunidade, plan madruga, actividades con nenos, actividades lúdicas, atención en puntos de información turística, atención en exposicións
Requisitos: Experiencia mínima de 12 meses
Tipo de contrato: Temporal de 11 meses de duración. Xornada parcial, 25 horas semanais.
Particularidades: Dispoñibilidade para a realización de traballos en sábados, domingos e festivos. Valoraranse os coñecementos de idiomas
Número de prazas: 1
Posto de traballo: Licenciado/graduado en administración e xestión
Requisitos: Experiencia mínima de 12 meses. Licenciado ou graduado en xestión pública para asesoramento a empresas. Informática nivel alto. CELGA
Tipo de contrato: Temporal de 11 meses de duración. Xornada parcial, 25 horas semanais
Número de prazas: 2
Posto de traballo: Administrativo para reforzo dos servizos administrativos municipais
Requisitos: Experiencia mínima de 12 meses. Coñecementos de informática paquete Office. Valorarase titulación en empresariais. CELGA
Tipo de contrato: Temporal de 11 meses de duración. Xornada parcial, 25 horas semanais
Número de prazas: 1
Posto de traballo: Veterinario para colaboración coa protectora de animais
Requisitos: Experiencia mínima de 12 meses. Experiencia en protectoras. Curso de castración sen anestesia
Tipo de contrato: Temporal de 11 meses de duración. Xornada parcial, 25 horas semanais