OFERTA DE EMPREGO PUBLICO

No mes de setembro poñerase en marcha o Obradoiro de Emprego “CAMBADOS EMPREGO XUVENIL”, subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar,  con dous módulos formativos. Deseño e Mantemento de Páxinas  e Dinamizacion de Tempo Libre Educativo Infantil e Xuvenil.

 

Esta previsto para leva a cabo o proxecto formativo a contración do seguinte persoal, por o periodo de duración do proxecto ( 6 meses )

 

1 DIRECTOR

2 DOCENTES para a impartición dos referidos módulos

1 ADMINISTRATIVO.

 

O Concello para cubrir os referidos postos, vai presentar Oferta de Traballo,  na Oficina de Emprego de Cambados. Os requisitos esixidos para a selección do referido persoal , estan establecidos no Convenio asinado entre a Consellería de Traballo e Benistar  e o Concello e nas Bases Reguladoras e que se expondrán tanto no taboleiro de anuncios do Concello na Casa Consistorial e na páxina web, e tamén na Oficina de Emprego de Cambados

 

Para máis información poderán acudir ó Departamento de Persoal no Concello 2ª planta.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.