No mes de setembro poñerase en marcha o Obradoiro de Emprego “CAMBADOS EMPREGO XUVENIL”, subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar, con dous módulos formativos. Deseño e Mantemento de Páxinas e Dinamizacion de Tempo Libre Educativo Infantil e Xuvenil.
Esta previsto para leva a cabo o proxecto formativo a contración do seguinte persoal, por o periodo de duración do proxecto ( 6 meses )
1 DIRECTOR
2 DOCENTES para a impartición dos referidos módulos
1 ADMINISTRATIVO.
O Concello para cubrir os referidos postos, vai presentar Oferta de Traballo, na Oficina de Emprego de Cambados. Os requisitos esixidos para a selección do referido persoal , estan establecidos no Convenio asinado entre a Consellería de Traballo e Benistar e o Concello e nas Bases Reguladoras e que se expondrán tanto no taboleiro de anuncios do Concello na Casa Consistorial e na páxina web, e tamén na Oficina de Emprego de Cambados
Para máis información poderán acudir ó Departamento de Persoal no Concello 2ª planta.