A Concellería de Cultura do Concello de Cambados organiza, grazas á colaboración do voluntariado de Cruz Vermella do Salnés, un Obradoiro de Pintura para persoas maiores de 65 anos na Biblioteca Municipal.
O obradoiro “Arte e Saúde” tratará de achegar ás persoas participantes ás disciplinas artísticas, como a pintura, o debuxo e o collage, potenciando o estado de saúde e benestar a través do traballo creativo, e sensibilizando ao alumno para que coñeza as posibilidades expresivas do color e a forma.
As técnicas que se usarán serán, entre outras, lápis, pastel, carbón, acrílico, tinta china etc.
A actividade, que comezará o 15 de outubro, levarase a cabo os xoves en horario de mañá, de 11.00 a 13.00 horas, e manterase ata o 26 de novembro.
A inscrición para dita actividade farase na biblioteca municipal a partir do 28 de setembro, por orde de presentación das instancias. O curso é totalmente gratuíto. Ademais Cruz Vermella ofrecerá aos participantes a posibilidade de empregar o seu banco de material de apoio, en caso de precisalo (muletas, bastóns, andadores etc.). Para máis información poden chamar ao 986 520 008.