OBRADOIRO DE PINTURA CREATIVA

OBRADOIRO DE PINTURA CREATIVA

A Biblioteca Municipal Luís Rei despide a vindeira semana a programación de actividades infantís que este verán tiveron lugar entre os meses de xullo e agosto.

Este ano sumouse, a pintora afincada en Cambados, Emérita Méndez, que levou a cabo un obradoiro de pintura creativa para unha decena de rapaces. O martes 30, a partir das 13.00 horas, os alumnos exporán os seus traballos na zona infantil da Casa dos Fraga, agardando sexan do interese de todas aquelas persoas que se acheguen a vela. Dado o éxito desta iniciativa estase proxectando unha nova edición que dará comezo xunto co resto de actividades que a Biblioteca está a organizar de cara ao vindeiro outono-inverno.