Este domingo 16 de outubro a partires das 19:00 hrs no Auditorio Municipal “A Xuventude” a compañía de teatro Contraproducións S.L presentará a obra O Tolleito de Inishamaan. Podería ser unha aldea galega pero é unha pequena illa irlandesa. Seres máis ou menos adorables, máis ou menos odiosos que, nun mundo illado, viven as súas vidas cativas como poden e como saben. Entre eles, un eivado que persegue un soño que nel parece empresa imposible: ser amado e valorado como calquera outro. Esta comedia negra na que as cousas non son o que parecen atraparanos no seu humor e tenrura. Un espectáculo de gran formato (8 actores de prestixio, potente escenografía, música emocionante composta para o espectáculo, iluminación atractiva) no que o público se sentirá atrapado polo humor e a tenrura dun teatro tan entrañable, tan noso, como o irlandés. O moderno clásico universal de Martin McDonagh de grande éxito en todas as súas postas en escena no mundo, agora en versión e dirección de Cándido Pazó.
- Intérpretes: Susana Dans, Ana Santos, Evaristo Calvo, Santi Romay, María Roja, Marcos Pereiro, Ricardo de Barreiro, Luis Iglesia
- Escenografía e vestiario:Carlos Alonso
- Iluminación: Afonso Castro
- Música: Guillerme Fernández
- Tradución: Santi Romay e Alberto Rodríguez
- Autor: Martin McDonagh
- Dirección e adaptación: Cándido Pazó
Descargar: Dossier _O TOLLEITO DE INISHMAAN_.pdf