O PRIMEIRO CAT CAFÉ DE GALICIA CELEBRARASE EN CAMBADOS

O PRIMEIRO CAT CAFÉ DE GALICIA CELEBRARASE EN CAMBADOS

O PRIMEIRO CAT CAFÉ DE GALICIA, O 11 E 12 DE FEBREIRO!

Esta fin de semana no Salón de Peña en Cambados terá lugar o primeiro Cat Café de Galicia.

Un evento único onde poderás gozar da compañía dos nosos felinos mentres te tomas algo. Terás a oportunidade de coñecer a unha chea de gatetes que están a esperar unha familia.

Valo a perder?

Ademais durante a xornada do sábado, a partir das 18h poderás asistir ás charlas informativas impartidas por dous veterinarios colaboradores do Refuxio de Animáis de Cambados!

– Jorge Martínez ‘O gato e o seu coidado’ (Veterinario voluntario do Refuxio)

– Sara Fernández  ‘Sete vidas ten un gato’ (Veterinaria directora en Centro veterinario Proxecto Lágar)

E durante a xornada do Domingo podes gozar dunha sesión vermú chea de gatosidade!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.