O PLAN MADRUGA DE CAMBADOS GARANTE PRAZA NO VINDEIRO CURSO PARA TODOS OS SOLICITANTES

O PLAN MADRUGA DE CAMBADOS GARANTE PRAZA NO VINDEIRO CURSO PARA TODOS OS SOLICITANTES

Vólvese a garantir que tódalas familias que reservaron praza en tempo están admitidos no plan madruga.

A incorporación dos nenos e nenas o plan madruga realizarase de forma escalonada como medida de prevención do Covid-19.

Funcionará en tódolos centros públicos de ensinanza Infantil e Primaria de Cambados a partir das 7:45 horas e ata a hora de entrada ás aulas. No caso da escola de A Pastora é ata as 9:15 horas, no Enrique Barreiro Piñeiro de Vilariño, CEIP de Castrelo, Antonio Magariños, SanTomé e Corvillón, termina as 9 horas.

Durante este tempo os nenos e nenas son atendidos por monitores do Concello e realizan diferentes actividades. Para acollerse a esta medida de conciliación é necesario acompañar coa solicitude un certificado de empresa que acredite a necesidade de facer uso do mesmo, tamén se aceptarán solicitudes nas que as circunstancias familiares o esixan, como pode ser o coidado de persoas maiores ou atencións médicas continuadas, que tamén terán que xustificarse.

Ademáis, durante o transcurso do curso escolar, poderán adherirse ó plan madruga todas aquelas familias que o precisen.

Adxuntos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.