A empresa Disalsa, adicada ao sector da alimentación, abrirá o vindeiro mes de outubro unhas novas instalacións no polígono industrial do Salnés. Trátase dunha sala de despece de polos, para a cal abre unha convocatoria para cubrir 22 novos postos de traballo.
Os interesados e interesadas poden entregar o seu currículum na oficina de orientación laboral situada na rúa Ourense nº8 (Edificio de Servizos Municipais) ou a través do email orientacion@cambados.es antes do 21 de agosto. Despois desa data, a empresa realizará un proceso de selección, para o cal serán notificados.