O mercado en Cambados trasládase ao venres 30 por mor do festivo

A concellería de Comercio de Cambados, que dirixe Fernando Patricio, informa que, por mor da festividade do Día Internacional da Clase Traballadora que se conmemora o vindeiro día 1 de maio, o mercado do sábado celebrarase extraordinariamente o venres, día 30 de abril.

Do mesmo xeito, dende o Concello informan que as instalacións da Praza de Abastos Municipal permanecerán pechadas o sábado día 1.