O ISM SOLICITA A LICENCIA PARA A REFORMA DA CASA DO MAR DE CAMBADOS

O ISM SOLICITA A LICENCIA PARA A REFORMA DA CASA DO MAR DE CAMBADOS

A Concellería de urbanismo do Concello de Cambados, esta a tramitar a solicitude de licencia de obras de reforma do edificio da Casa do Mar presentada polo Instituto Social da Marina por un montante total de 284.511,91 Euros e que comprenden obras de reformas nos accesos, cuberta, carpintería de aluminio e fontanería.

Segundo indica o ISM na memoria do proxecto o edificio da Casa do Mar de Cambados, “o edificio presenta un gran deterioro tanto na cuberta de tella como na carpintería exterior de aluminio, tamén require unha acción no subministro de auga potable” e tamén ten previsto realizar unha reforma na recollida de auga de choiva no edificio, polo que teñen previsto “para non saturar a rede municipal de augas pluviais, a evacuación das augas pluviais do edificio ao beirarrúa do contorno perimetral”. Segundo indica o documento, na medida do posible, a execución das obras descritas ao longo deste proxecto non limitará o traballo do persoal do ISM ou calquera outro persoal do edificio, polo que mentres dure o traballo previsto para a adaptación e mellora das instalacións, non se prevé o traslado do persoal afectado a outro lugar.

O edil Tino Cordal mostrou a súa satisfacción por que a reforma da Casa do Mar de Cambados sexa unha realidade neste ano, xa que o edificio ten un gran deterioro, e ademais de albergar as oficinas de Capitanía Marítima e do Instituto Social da Marina, tamén alberga a sede da asociación de xubilados da Casa do Mar de Cambados. Motivo polo que o edil entende que as reclamacións dos veciños de Cambados están sendo atendidas por esta administración, xa que esta reforma foi unha demanda constante ao longo destes anos, presentando varias iniciativas ao respecto, e mesmo chegou ao Congreso dos Deputados, e que co inicio dos tramites da solicitude da licenza de Obras por parte do ISM parece que xa se empeza a ver avances nesta materia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.