O IGAPE PON EN MARCHA UN PLAN DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAIS E PEZAS DE MOBILIARIO DE COCIÑA E BAÑO

O Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), acordou por unanimidade dos seus membros asistentes, a aprobación das bases reguladoras das axudas do Igape a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma15), que inclúe o procedemento de selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión.

Para máis información sobre estas axudas, consulta o seguinte enlace: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150924/AnuncioO92-180915-0001_gl.pdf