O GOBERNO DE CAMBADOS ABORDA CON TOURÍS OBRAS DE SANEAMENTO, CENTRO DE DÍA E EQUIPAMENTOS DEPORTIVOS

O GOBERNO DE CAMBADOS ABORDA CON TOURÍS OBRAS DE SANEAMENTO, CENTRO DE DÍA E EQUIPAMENTOS DEPORTIVOS

O equipo de goberno de Cambados, encabezado pola alcaldesa Fátima Abal, recibiu esta mañá a visita de Cores Tourís dentro da rolda de contactos que o delegado territorial está a realizar nos concellos onde houbo cambios de executivo tralo 24M, para coñecer cales son as súas demandas e proxectos prioritarios.
Na reunión tamén estiveron presentes os Concelleiros do BNG, Victor Camaño, de Somos, Xurxo Charlín, e de Pode, José Ramón Abal.

Entre os temas que analizaron os representantes municipais e o delegado territorial estiveron cuestións como a cobertura de necesidades no ámbito deportivo do municipio.
Neste punto, o Concello considera necesario a dotación de equipamento para o novo pavillón do IES Ramón Cabanillas, e a resolución dalgúns problemas xurdidos trala reforma do campo de futbol de O Pombal.

Asimesmo, durante o encontro tamén se abordou o estado de diversas obras que están en marcha como a mellora do saneamento no entorno de A Seca, a climatización da piscina municipal e o mobiliario necesario para o novo Centro de Día do municipio.

O delegado territorial púsose a disposición do novo goberno de Cambados, resaltando o seu “interés persoal como cambadés e tamén ex-alcalde” da vila do albariño, co fin de “traballar codo con codo co Concello e acometer todas as inversión que poidamos para Cambados”
Neste sentido, tamén abogou Cores Tourís en seguir solicitando a colaboración da Deputación Provincial e manter a coordinación entre as institucións para sacar adiante novos proxectos.

O delegado provincial pechará esta rolda de contactos cos Concellos o vindeiro luns en Vilagarcía, tralas reunión mantidas xa en Sanxenxo, A Illa, Ribadumia, Barro, Portas, Cuntis e Pontecesures, ademáis do encontro de hoxe en Cambados.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.