O FESTIVAL XIRONSA DE CAMBADOS: UN PUNTO E APARTE

O FESTIVAL XIRONSA DE CAMBADOS: UN PUNTO E APARTE

A Asociación Xironsa Corvillón pon este ano un punto e aparte no seu Festival.

Pese as circunstancias restrictivas pola pandemia, o colectivo, en colaboración co Concello de Cambados, aposta por demostrar que “a cultura é segura”.

Por eso, este ano non quixeron prescindir da celebración do Festival Xironsa, ainda que terá que ser baixo estrictas medidas de seguridade contra o covid, nunha nova ubicación e prescindindo do xantar.

Os concertos terán lugar do 28 ao 30 nos xardíns do Pazo Torrado, un entorno adecuado para controlar os aforos, segundo explicaba o Concelleiro de Cultura, Tino Cordal.

De tal xeito que o público permanecerá sentado e estará limitado ás 140 cadeiras previstas, separadas coas correspondentes medidas de distanciamento.

Ademáis, esta edición será de entrada inversa, é dicir, que os asistentes poderán aportar o importe que consideren ao remate dos concertos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.