Juan Manuel Revuelta visitou a semana pasada as instalacións onde se ubicará o Viveiro de Empresas de Cambados, no Polígono de Sete Pías. O técnico europeo destacou o gran potencial da zona, destacando as potencialidades de sectores coma o viño, o mar ou o turismo para plantexar que dito viveiro se formule como un “acelerador” de empresas, estó é un viveiro especializado nun determinado sector.
A Fundación Finnova, da que Juan Manuel Revuelta é director xeral, adícase á intermediación entre as administracións locais e a Unión Europea para a posta en marcha de proxectos e a consecución de fondos, polo que fai de titor para as administracións ou entidades que queiran acollerse aos plans comunitarios.
A fórmula do “acelerador” de empresas será tida en conta de cara a unha segunda fase do proxecto do viveiro, posto que a prioridade agora é a súa posta en marcha para que sexa incluído na StartUp European Week, permitindo así aos emprendedores acceder a unha serie de subvencións europeas ás que non terían dereito se non estivesen no viveiro de empresas e este non estivese na StartUp.