O DESMARKET REPARTIRA BOLSAS GRATIS ÁS CEN PRIMEIRAS COMPRAS E EMITIRASE EN STREAMING

O DESMARKET REPARTIRA BOLSAS GRATIS ÁS CEN PRIMEIRAS COMPRAS E EMITIRASE EN STREAMING

O Desmarket, mesturará no Salón José Peña comercio, moda e deseño con obradoiros, música en directo e espazo gastronómico. Trinta locais e marcas emerxentes cambadesas participan nesta proposta.

Polo que se van a agasallar entre as primeiras cen compras que se fagan no Desmarket cunha bolsa de tela do evento co grafismo do mesmo, estas bolsas van ser tamén vendidas no propio evento a un prezo de 3 euros e a recadación da venta vai ser en beneficio da asociación a Naiciña de Cambados. Tratase dunha nova asociación creada en Cambados e desta forma dende o Concello de Cambados e da Asociación Zona Centro queren colaborar con esta nova entidade sen animo de lucro que se esta a constituír en Cambados.

Por outra banda o Desmarket vai contar con emisión en streaming dos concertos que se van a realizar durante o evento, que se van a celebrar a fin de semana do 29 ao 31 de marzo no Salón J.Peña de Cambados, este sistema de emisión vai ser grazas a tecnoloxía da empresa R que ven de dotar ao Salón de Congresos de conexión a Internet de Banda Ancha cunha mellor conexión a Internet de alta velocidade e que vai permitir a retransmisión en Internet deste tipo de eventos. Así os veciños que non poidan acudir ao Salón de Congresos J.Peña, poderan ver na web do Concello todas as actuacións que se realicen no evento.