O concello de Cambados firmou un convenio de colaboración cos institutos que imparten ciclos formativos da rama de automoción en Vilalonga e A Guarda. Este convenio sigifica que os vehículos abandonados ou retirados pola grua municipal, e que son rexeitados polos seus propietarios, tendo como destino o desguace, serán entregados a ditos centros para ser usados como material didáctico, evitando así o desguace.
A entrega do primeiro destes vehículos foi realizada esta mañá.