Cambados compra 30.000 unidades de mascarillas quirúrxica que serán repartidas antes do fin do estado de alarma.
No caso de que o Concello consiga máis material, haberá novas entregas das que a veciñanza será tamén informada.
O Concello ven de realizar a compra de 30.000 unidades, ás que hai que sumar ás de elaboración propia e ás doazóns de empresas e particulares que xa se foron entregando a colectivos de risco e traballadores e profesionais do comercio local.
O Concello de Cambados continúa desenvolvendo o plan integral deseñado para dotar, de xeito gradual, de mascarillas a toda a poboación. Nas últimas semanas, a prioridade para o Goberno local foi dotar deste material de protección aos colectivos de risco, así como ás persoas que, polo traballo que desenvolven, atópanse máis expostas ante o virus, como é o caso do persoal municipal, Persoal do Centro de Saúde, da Ambulancia do 061 e do Asilo, a Policía Local e Protección Civil, así como os profesionais do SAF e do comercio local cuxa actividade é de primeira necesidade neste contexto de confinamento e de estado de alarma. Unha vez estes colectivos estean cubertos, comezará a entrega de material ao resto da veciñanza que alcanzan con este reparto unha cota de máis de dúas mascarillas por persoa.
Mascarillas Quirúrxicas repartidas á veciñanza por Correos
Esta medida é froito dun acordo entre a administración local e Correos e a cada fogar chegarán sobres con dúas mascarillas. O obxectivo é asegurar que a maior parte dos veciños dispoña de protección sanitaria, sobre todo nos lugares onde non sexa posible respectar a distancia de seguridade con outras persoas, seguindo as indicacións do Ministerio de Sanidade.
A estas 30.000 mascarillas adquiridas polo Concello hai que sumarlles as adquiridas previamente e ás doazóns desinteresadas de diferentes entidades e as confeccionadas por particulares e que foron as que se repartiron de xeito prioritario entre os colectivos máis expostos e de maior risco ante o coronavirus.
Estas mascarillas adquiridas serán dun só uso, dous como máximo e o reparto esta previsto que se prolongue durante o estado de alarma, comezando os traballos a partir do mércores,
polo que o Concello pide comprensión entre a veciñanza, xa que o reparto levará un tempo así como se solicita o uso responsable das mascarillas e dos Equipos de Protección Individual.
Por outra banda, o Concello tamén vai manter para aqueles colectivos e cidadáns que estean interesados en elaborar máis unidades, a elaboración de mascarillas mediante costureiras voluntarias, continuando coa entrega de material que esta a ser achegado polo Concello. As mascarillas van a pasar a ser algo que utilicemos de xeito habitual nos vindeiros meses, non agora de xeito puntual, polo que é importante non só o subministro de unidades, senón tamén facilitar pautas para a súa fabricación á cidadanía.