O CONCELLO DE CAMBADOS REDUCE O SALDO DA CONTA DE ACREDORES POR OPERACIÓNS PENDENTES DE APLICAR A PRESUPOSTO NO TERCEIRO TRIMESTRE

O CONCELLO DE CAMBADOS REDUCE O SALDO DA CONTA DE ACREDORES POR OPERACIÓNS PENDENTES DE APLICAR A PRESUPOSTO NO TERCEIRO TRIMESTRE

O Plan de Axuste Económico Financeiro do Concello establece unha redución do 40% do saldo, que a 31/12/2015 que ascendía a 373.481,92€, das facturas pendentes de aplicar ao orzamento por falta de crédito.

O actual goberno de Cambados reduciu o importe a peche deste trimestre segundo os datos do informe trimestral de intervención remitido o ministerio a 14.760,46€.

Segundo os datos facilitados no informe trimestral sobre o saldo da conta contable 413, de Acredores por operacións pendentes de aplicar ao presuposto do terceiro trimestre, do departamento de intervención municipal con respecto o calculo das facturas pendentes de aplicar ao orzamento por falta de crédito orzamentario a data de peche do terceiro trimestre do exercicio 2016, o concello de Cambados esta a mudar a tendencia negativa que arroxaba estes datos no anterior exercicio pola débeda herdada dos gastos sen crédito orzamentario do anterior goberno do Partido Popular, e que segundo o informe de intervención de 29 de febreiro de 2016, foron a causa principal pola que se produciu o incumprimento da estabilidade orzamentaria e que obrigou o concello de Cambados a someterse a un Plan de Axuste Económico Financeiro.

O Concello de Cambados pechou o exercicio 2015 cun saldo de facturas pendentes de aplicar ao orzamento por falta de crédito de 373.481,92 €, e que foi reducido drasticamente nestes tres primeiros trimestres de 2016, así o actual goberno logrou pechar o terceiro trimestre cun saldo de 14.760,46€ o saldo da conta contable de Acredores por operacións pendentes de aplicar ao presuposto, cumprindo polo tanto unha das medidas a aplicar polo Plan de Axuste Económico Financeiro do Concello de Cambados, que establece unha redución neste exercicio do 40% deste importe a peche do 2015 para finais do exercicio 2016, e que se esta a cumprir con creces, e mesmo antes de pechar o presente exercicio.

As corporacións Locais están obrigadas a informar desenvolvemento da saldo dos Acredores por operacións pendentes de aplicar a orzamento

As Corporacións Locais teñen a necesidade de dar cumprimento á obrigación que teñen de controlar o desenvolvemento da conta (413), “Acredores por operacións pendentes de aplicar a orzamento”, con arranxo á disposición adicional terceira, “Control de entidades de Administracións Públicas non suxeitas a auditoría”, da Lei Orgánica 9/2013, de 20 de decembro, de control da débeda comercial no sector público. Segundo devandita norma, “Nas entidades das Administracións Públicas non suxeitas a auditoría de contas efectuaranse anualmente os traballos de control precisos para, mediante técnicas de auditoría, verificar a existencia de obrigacións derivadas de gastos realizados ou bens e servizos recibidos para os que non se reduciu a súa imputación presupostaría.”

A norma afecta a aquelas entidades do sector das Administracións Públicas que non están suxeitas a auditoría de contas, para as que deben efectuarse traballos de control ao obxecto de comprobar a existencia das obrigacións recolleitas na citada conta (413). E que trimestralmente remiten os datos ao Ministerio de Facenda cos saldos das facturas pendentes de aplicar ao orzamento por falta de crédito.

O Concello de Cambados segundo os datos do Ministerio de Facenda foi o concello do Salnés cun maior saldo de facturas pendentes de aplicar ao orzamento por falta de crédito a 31/12/2015, cun importe de 373.481,92€, so superado polo Concello de Vilanova de Arousa cun importe de 565.411,22€, seguido moi de lonxe por Sanxenxo cun saldo de 54,681,33€, Meis con 52.048,15€ e O Grove con 8.037,14€.

Esta rebaixa drástica no saldo da conta 413 de Acredores por operacións pendentes de aplicar ao presuposto no peche do terceiro trimestre, mostra a redución que se están a realizar por parte deste goberno nos gastos sen crédito orzamentario, e polo tanto, como a xestión dos fondos públicos polo actual goberno municipal e quen de cumprir con creces a redución proposta no Plan de Axuste Económico Financeiro do Concello de Cambados.